Convocatoria de residencia artística para o proxecto “Democracia”
26 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
A democracia é un proxecto teatral de Pablo Fidalgo e Estefanía García. Conta co apoio de diversas institucións culturais entre elas o Centro Drámatico Galego. Este apoio permítenos traballar durante durante todo o mes de xuño e os tres primeiros días de xullo nas naves do AGADIC de Santiago de Compostela.
Esta convocatoria ten como obxectivo crear un grupo de xente interesada nas artes escénicas, para colaborar con nos durante ese mes, e amosar o traballo nos días finais da residencia.
O traballo que plantexamos busca desenvolver a presenza natural de cada persoa sobre a escena con especial interés nos grupos folque de música ou danza pensando que poden ter xa certa conciencia da escena e do traballo en grupo, e enfrontar tradición e modernidade dun xeito limpo, partindo desa frase de Eliot que di que “todo o verdadeiramente novo é inmeditamente tradicional”.
A nosa búsqueda é traer ao espacio teatral o máis puro da vida e xerar encontros inesperados entre xentes diversas. Para isto traballamos accións básicas, como presentarnos, gritar, tocarnos, bailar, ou simplemente falar e moverse na escena. Chegar a comprender a profundidade e a poética dos actos cotiáns máis sinxelos sírvenos como punto de partida para este encontro que é celebración, que é outro xeito de relacionarse, de facer as cousas. Pensamos que xa basta de personaxes e de historias, son as persoas as que deben ocupar a escena e falar como persoas.
A invitación é esta: ocupar xuntos o escenario e ver qué pasa. Estar de xuntos de novo.
Datas e horario:
- 3 mañás por semana durante o mes de xuño de 2009
Lugar:
- Naves de AGADIC en Santiago de Compostela
Contacto:
- pablofidalgolareo@hotmail.com
X Encontros de música tradicional en Carboeiro
25 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,NovasComentarios fechados
Programa da X edición. 6 de xuño no mosteiro de Carboeiro, á beira do río Deza no concello de Silleda.
13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN dA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de Viravolta)
-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
- ·BRINQUEDOS DE SEMPRE
- ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
- MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ)
- FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO)
- TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ)
- JULIO BALADO (LALÍN)
- LUIS PREGO (VIGO)
- MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
·ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO
Comisión pola memoria Siñor Afranio e asoc. socio-cultural Adellís
–FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres…
15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)
DURANTE A TARDE:
- ·XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
- ·BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín
- · Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa coa obra “A AVOA VAI Ó BAILE”
Haberá zona de acampada, máis info: +34 658 62 82 39
Fía na Roca cumple 15 maios
25 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Hoxe luns 25 de maio, Fía na roca presenta o seu primeiro DVD Quince maios ante os medios de comunicación no Concello de A Coruña, onde están convocados todos os medios de comunicación.
Ademais de contestar a todas as preguntas sobre a gravación e concepción deste DVD ao vivo, Fía na roca falará do concerto de presentación que terá lugar, tamén na cidade de A Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, o xoves 28 desta mesma semana, dentro do Ciclo Músicas con raíces.
Marful en Girona
25 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
O vindeiro martes 26 actuará Marful en Catalunya, será no Teatro Independiente La Planeta ás 20 h dentro do ciclo de músicas de Raíz “Arrels d’Arreu” da Fundación Casa de Cultura de Girona. As entradas de balde até completar aforo.
Dúo Fdz. & Quintá en concerto
25 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Concertos,NovasComentarios fechados
Fernández & Quintá retoman o ciclo “ARTeria Raíz” nun concerto a dúo de acordeón diatónico e zanfona, actuación que fora adiada desde o pasado marzo.
O concerto terá lugar en ARTeria Noroeste no parque de Vista Alegre, organizado coa colaboración de aCentral Folque, o martes 26 de maio, ás 21 horas, cun prezo básico de 5 euros.
O dúo Fernández & Quintá representa dúas xeracións de músicos da terra: o zanfonista Óscar Fernández, compoñente e arranxista dos desaparecidos Cempés, talento orixinario de San Sadurniño; e Carlos Quintá, quen, dende Lalín, é un dos actuais expoñentes do acordeón diatónico aplicado á música folque.
Xuntos reinterpretan músicas tradicionais, principalmente do repertorio instrumental galego, e tamén contribúen a este patrimonio con composicións orixinais e temas adaptados doutras culturas europeas.
Os seus instrumentos, a zanfona e o acordeón diatónico, experimentan un auxe renovado entre as formacións de música autóctona. O acordeón pon a harmonía, os baixos e o dinamismo; a zanfona é a calidez das cordas frotadas maila percusión do bordón rítmico. En resumo, unha orquestra completa con só dous músicos.
Programación musical na Ascensión
20 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
MÉRCORES 20
12.30 e 20.00 Pasarrúas: gaiteiros
12.30 Comparsa de cabezudos
22.00 Orquestra CICLÓN (Alameda)
23.00 LOS DELINQÜENTES e Liridade Noctámbula (Campus sul)
24.00 BLACK GHANDI(reggae) (Praza do Toural)
XOVES 21
12.00 Banda Municipal de Música (R/ Vilar)
12.30 Comparsa de cabezudos (Praterías)
12 h e ás 18 h FOLC NA RÚA (Praterías, Toural, Sar, Alameda, Santa Susana)
- * ARMADANZAS
- * CANTIGAS E AGARIMOS
- * ULTREIA
- * BRINCADEIRA
12.30 e 20.00 Pasarrúas da charanga TNT
22.00 Orquestra LOS TROVADORES (Alameda)
23.00 NENA DACONTE + Dirty Socks (Campus sul)
24.00 THE JEWS BROTHERS BAND (Toural)
bOnOvO en concerto
20 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
10 anos ghastando pista
19 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
O portal Ghastas Pista cumpriui onte 10 anos de existencia na rede e disponse a comezar unha nova etapa.
A intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou que os usuarios se propoñan a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora pódese ir creando a vosa propia conta dentro da web. Está en periodo de probas.
‘Benzón’ de Guadi Galego
18 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Novidades discográficasComentarios fechados
Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións. O mércores 20 fará a rolda de presentación oficial no restaurante O Dezaceis da rúa de San Pedro en Compostela, á que asistirán algúns músicos que saen no disco coma Guillermo Fernández e Uxía.
Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar.
Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega dende a
súa revolucionaria irrupción.
Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.
Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca.
Con Canto Donaire en concerto
18 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,NovasComentarios fechados
Con Canto Donaire é unha proposta musical que incia o grupo de pandereteiras Donaire tratando de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando. Nesta nova andaina estas seis mulleres intentan encaixar dende as raíces da tradición, as súas diferentes tesituras vocais, gustos musicais i experiencias vitais, como se se tratase das pezas dun puzle, para chegar a variados resultados estético-musicais en cada peza. Para poder expresar a súa inquietude contarán coa axuda de: Gutier Álvarez: zanfona e programacións; Pablo Díaz: clarinete e percusións; Pablo Aller: guitarra; Ismael García: percusións e gaita; Natalia Pérez: percusións. Elas son:
- Helga Vázquez R.
- Iria Penabad
- Graciela Carral
- Rocío Carral
- Olga Kirk
- Lucía Vázquez Q.