jump to navigation

Cristina Pato, Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble

18 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

pato

Cristina Pato actuará con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble nos actos do 50ª aniversario do Lincoln Center.
A gaiteira galega Cristina Pato colabora con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble nos actos do 50ª aniversario do Lincoln Center de Nova York. O concerto, que se celebra o 9 de Xuño no Guggenheim Bandshell do Lincoln Center, retransmítese en directo pola PBS (a televisión pública estadounidense) no seu programa especial Live From Lincoln Center Series. O concerto inclúe obras de compositores do Líbano, India, China, Irán, Acerbaixán e Arxentina; deste país é Osvaldo Golijov, o compositor que escribiu a obra que interpretará Cristina Pato: ‘From Air to Air’, obra estreada pola gaiteira e o Silk Road Ensemble no Carnegie Hall en setembro de 2006.

A gaiteira, membro oficial do Silk Road Ensemble, colaborou con esta formación en escenarios como Chicago Symphony Hall, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Carnegie Hall ou o Harman Center de Washington DC. Cristina tamén aparece como artista convidada no último disco de Yo yo Ma.

Cristina Pato, que na actualidade atópase en Nova York preparando e gravando o seu cuarto disco como gaiteira, ten previsto realizar a gravación do proxecto SOAS (Rosa Cedrón-voz e cello, Cristina Pato-piano) nos próximos meses, ademais dunha apertada xira estival que comeza no Lincoln Center e que a levará a España (Andalucía, País Vasco, Galicia), Portugal e Francia.

Cristina reside en Nova York desde o ano 2004, ano no que decidiu frear temporalmente a súa carreira profesional para centrarse na súa carreira académica e realizar o seu doutoramento co apoio da Fundación Barrié da Maza. Cristina é Doutora of Musical Arts pola Rutgers University e profesora adxunta da NJCU (New Xersei City University).

Estrea de Finlandia

18 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

finlandia

Varietés de aCentral Folque no Ultramarinos

15 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

iltr

Este sábado 16 de maio no pub Ultramarinos da zona vella compostelá na rúa Casas Reais a partir das 22 h. A entrada son 5 € e o aforo limitado.

Será unha noite con pequenas actuacións variadas ao redor da música e a expresión galega: scaleta possivel:

Presentan Nogueira & Pedreira e actuarán, entre outros,  Primordiais, dúo de harpa e tina desde Pontevedra;  Ninacreusas cun poema escénico, dúo de acordeóns Verdegaio; Wilson Payador,  improvisación oral desde Arxentina;  Triorilo regueiferos e moitos máis.

Haberá ademais un sorteo dunha cesta con produtos típicos da cultura folque.

Nova Jam no Airas Nunes en Compostela

15 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

airasJAM2 Jam Session Folque do Airas Nunes, mañá venres 15 de maio ás 21:30

Tódolos músicos estades convidados a traer os vosos instrumentos 😉

A partires das 24 h faremos tamén Jam Session de Trova Cubana.

O Airas Nunes está na rúa do Vilar nº17 da cidade vella compostelá

Son de Seu en concerto en Narón

14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

sondeseu

Será este domingo 17 no Pazo da Cultura de Narón ás 19 h. O prezo da entrada é de 10 €. (7 abonados)

Información e reservas no 981 10 28 97

Presentación das gravacións históricas dos Hermanos Moreira e un concerto de Marful

14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

faldon_Moreiras_cor.jpg
Na presentación estarán Ramón Pinheiro Almuinha, profesor de Historia da Música en aCentral Folque e responsábel do deseño da colección e Xosé Manuel Varela, responsábel da Fundación Eduardo Pondal, organizadora do evento. O acto pecharase cun concerto de Marful.

Será na Casa dos Veciños, no Couto, Ponteceso ás 22 h este venres 15 de maio.

Son gravacións feitas nos anos 50 e 60 en Arxentina por estes irmáns que emigraron desde o seu Bergantiños natal e foron animadores en festas, romerías, programas de radio.

O traballo está editado por Ouvirmos coa colaboración co concello de Ponteceso e aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular.

“Acordeón Mariñeiro” dos Hermanos Moreira, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón. Este libro-disco recompila a integral das súas gravacións comerciais e un importante conxunto de pezas inéditas.

Os Hermanos Moreira, orixinarios de Ponteceso, chegaron nos anos 20 á Arxentina. Alí en Bos Aires ensaiaban na barbaría que abriu un dos irmáns, e no seu soto montaron un estudo de gravación. A comezos dos anos 30 forman a primeira formación coa que axiña acadaron sona e fixeron bailar polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños até finais dos anos 60, cando o grupo se disolveu.

Algunhas das pezas máis populares do seu repertorio eran “Recordando a Galicia” (valse) e “Aires de Bergantiños” (pasodobre), así como o valse arxentino de corte hispano “Así cantaba mi madre”. Gustaban moito tamén as rancheiras, como “Cancha a la rueda”, e a súa rumba “El loco de la batería”.

XIII Festa da Marosa en Burela

14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Escea,Novas
Comentarios fechados

mareosa

A XIII edición da Festa da Marosa desembarca un ano máis en Burela cargada de actividades para festexar a semana das letras. O venres 15 e o sábado 16 de maio a Mariña converterase na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía.

O venres 15 levarase a cabo a estrea da Marcha da Marosa, peza composta por Edelmiro Fernández para comezar as actividades do festival, que será tocada polo autor e os que se presten a tocala con el ao por do sol na Praia da Marosa.

Ademais, durante os dous días que dura a Festa da Marosa, todos os que se acheguen ata Burela na primeira “Foliada do Norte” con Luar na Lubre, Festicultores, GalegoZ, Clan Maragato, Tiruleque, Banda das Crechas e Foula.
Podedes consultar o programa extendido aquí.

PROGRAMA

VENRES 15 DE MAIO