O patrimonio inmaterial na Mariña
10 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Catro vilas da mariña lucense: Ribadeo, Viveiro, Foz e Alfoz, comparten programación para a posta en valor do patrimonio inmaterial nas tardes dalgúns venres de xuño e xullo.
O programa é o que segue:
- 12 xuño en Viveiro. Mini e Mero: “A literatura oral na canción galega”
- 19 xuño en Ribadeo. Xosé Miranda: “Guia da narrativa oral”
- 26 xuño en Foz. Antonio Reigosa: “Mitos e monstros da Mariña”
- 10 xullo en Alfoz. Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón: “Polo pais do Valadouro: xiganteas, mouras, ninfas, demos e santos”
Quique Peón estrea “Ovay”
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Escea,Novas

Ovay é o título escollido para a peza que supón o debut da compañía Quique Peón o sábado 13 de xuño ás 21.00 horas e domingo 14 ás 18.00 horas no Salón Teatro de Santiago.
O bailarín coruñés inicia -despois dunha longa e asentada traxectoria centrada no baile tradicional galego- unha nova etapa creativa na que se adentra nas formas da danza contemporánea desde a premisa de plasmar dun xeito natural a interrelación posible entre ambos tipos de expresión.
Ovay son as catro estacións do camiño da vida, os catro puntos cardinais da nosa existencia e os catro elementos da nosa alma, conceptos universais e atemporais encrucillados, ante os que nos movemos a cegas sen comprender o sentido do noso ser. Porque o sentido do noso ser está na fusión de todos eles e só se alcanza coa íntima comprensión da nosa multiplicidade.
Tocar de ouvido, festival internacional en Évora
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Do 18 ao 20 de xuño, integrado na Feira de San Xoan, Tocar de Ouvido -Festival internacional de Música de Évora recibe grandes nomes das músicas do mundo, con concertos na Arena d’Évora e talleres, coloquios, exposicións e documentais en varios puntos da cidade.
Programa:
* Xoves 18:
- Dazkarieh
- Sara Tavares
* Venres 19
- Barca (Brasil)
- Rabih Abou Khalil e Ricardo Ribeiro (Líbano/Portugal)
* Sábado 20
- Kepa Junkera
- Leilía
O obxectivo do Tocar de Ouvido 2009 é aliar a calidade das bandas coa oferta dos talleres, dandolle así á música tradicional a visibilidade que se merece. Ademais de desfrutar dos concertos nocturnos, durante o día aprenderase a tocar e coñecer mellor os instrumentos e as músicas mediantes talleres de aprendizaxe, onde o importante é facer, ademais de oir. Ofrecerán talleres Kepa Junkera, os músicos de A Barca, Joaquim Roque, Leilía e Miixer.
E porque o saber non ocupa lugar, o festival conta con conversas informais, coloquios e proxección de documentais sobre a música de raíz.
“O quinteto de Monterrey…”, novo libro
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,Novas
A editorial Dos Acordes presenta a súa última publicación. O quinteto de Monterrey de José Posada: nos xardins da Tropical escrito por Óscar Ibáñez.
A presentación terá lugar o venres 12 de xuño ás 20.15 h no Salón de Actos da Casa de Cultura de Verín cun relatorio-presentación do libro e a visualización do programa Alalá nº 91 da TVG titulado “Rodolfo Posada e o Quinteto Monterrey de José Posada”
Sábado 13 de xuño ás 22:30 h., na praza José García Barbón de Verín haberá un concerto-recreación do “Quinteto Monterrey”.
Esta publicación está promovida pola Asociación Toque Pechado, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e polos Concellos de Verín, Riós e Monterrei, coa colaboración de Radio Galega
Información e pedidos: http://www.dosacordes.com
Dia do folk nas festas de Ourense
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Dentro das festas de Ourense deste ano, a organización programa concertos temáticos de diferentes estilos (folk, hip-hop e pop) nun palco do Campus Universitario e con entrada de balde
O día do folk será o mércores 24 de xuño para comezar ás 21 h. E actuarán:
- KEPA JUNKERA – www.myspace.com/kepajunkera
- XOSÉ MANUEL BUDIÑO – www.myspace.com/xosemanuelbudino
- GUEZOS – www.myspace.com/guezos
NanoNasa, campamento de verán para cativ@s
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
A Sala Nasa está a organizar unha actividade moi interesante para os máis pequenos nun achegamento divertido ao teatro, a música, o cine, o movemento e a natureza urbana.
Será do 29 de xuño ao 10 de xullo. De luns a venres de 10 h a 14 h
Contidos
Música: obradoiro de construción de instrumentos musicais inventados, elaboración de contos musicais
Teatro: a través de xogos participativos traballarase co corpo e o movemento, coa voz, co espazo e os obxectos en escena e coa creación de personaxes (xestualidade, caracterización),
Cine: proxeccións comentadas de filmes de Charles Chaplin e Carroll Ballard (The Black Stallion).
Artistas convidados: Como remate de cada xornada, contaremos coa visita dun artista convidado, que compartirá cos nenos e nenas a súa experiencia. Actores, actrices, magos, músicos, mimos, malabaristas, maquilladoras, bailarinas vencelladas á actividade habitual da sala NASA como Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, o mago Romarís, Paula Carballeira, Xacobe Martínez Antelo, Pablo Trasno, Fredi Circanelo, Fanny Bello.
Natureza: aproveitando a proximidade do Campus Universitario farase unha visita-paseo polo parque para coñecer in situ as súas árbores vencelladas a lendas e tradicións.
Público: nenos e nenas entre 6 e 11 anos, organizados en dous grupos: 6 a 8 anos e 9 a 11 anos.
Horario: a recepción dos cativos farase entre 9,45 h e 10 h momento no que darán comezo as actividades. A recollida farase entre 14 h e 14,15 h
O campamento inclúe un almorzo a media mañá.
Nº de prazas: 30
Prezo: 100 € / 80 € (Tripulación) inclúe materiais e almorzos
En caso de irmáns, a cota será de 80 € cada un
Ingresar na conta: 2100-5753-01-0200012467
Inscricións:
ata o 25 de xuño, por orde de recepción. Pódense facer directamente na oficina da Sala NASA, de luns a venres entre 11,00h. e 14,00h. ou enviando a ficha de inscrición a: Sala NASA, Rúa San Lourenzo 51-53 15705 Santiago D.C. ou no mail nanonasa@salanasa.com, indicando o nome completo do/a rapaz/a, a idade, un enderezo e un teléfono de contacto.
Para confirmar as inscricións será necesario adxuntar o resgardo de pagamento.
Monitores:
Tomás Rábanos Muro, pedagogo en educación musical. Cursou estudos en diversas metodoloxías da pedagoxía musical, así como cursos de psicomotricidade, psicoloxía infantil e de dirección coral. Vén traballando nesta especialidade dende o ano 1986, impartindo clases, cursos e obradoiros e dirixindo campamentos de verán para nenos. Tamén ten impartido cursos para a formación do profesorado.
Miguel Curra é músico e cantante cunha traxectoria escénica de máis de 15 anos. Liderou bandas como Os Piores e Tombstones, foi músico de sesión para numerosos artistas, membro de coros como A Rá e Escola Estudio, dirixidos por Ramón Bermejo e traballou en producións escénicas como actor e técnico de son. Realizou estudios de imaxe e son, dobraxe e pedagoxía musical, especializándose na realización de obradoiros que mesturan música e teatro.
Últimos días para inscrición no Proxecto Runas do Festival de Ortigueira
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
A falta dun mes para o festival péchase o prazo de inscrición para o palco Runas, un espazo en forma de concurso para bandas noveis.
Consulta as bases na páxina do festival.
O Festival Ortigueira servirá por décimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do Proxecto Runas, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres bandas máis votadas polos visitantes da web oficial protagonizarán a primeira noite do certame celta, competindo ao vivo por coarse no cartel do 2010.
Se tes unha banda e queres participar, bótalles unha ollada ás bases do concurso e envía ao correo runas@festivaldeortigueira.com tres das túas cancións en mp3, acompañadas dunha breve historia e unha foto do grupo antes do 10 de xuño
Os tres grupos máis votados actuarán o xoves 9 de xullo no escenario Estrella Galicia. Un xurado do Festival estará presente no público para seleccionar ao mellor grupo, que actuará na edición de 2010.
Selección
Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e Deputación, entre outras entidades, realizará unha primeira selección de dez grupos.
A segunda fase correrá en exclusiva a cargo dos internautas que visiten a web oficial. Eles e elas elixirán cos votos que emitan do 15 ao 30 de xuño, de entre estas dez candidaturas, as tres formacións que actuarán na xornada inaugural da próxima edición do Mundo Celta, o vindeiro 9 de xullo. Cada un dos grupos recibirá 1.000 euros.
O premio será unha actuación no Escenario Estrella Galicia no 2010 e 3.500 euros.
O proxecto Tocadores chega a Galiza
8 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Lia Marchi, a coordinadora deste proxecto, fará a presentación de dous filmes sobre o patrimonio inmaterial da rexión do Paraná no Brasil.
A presentación comezará ás 18 h no Museo do Pobo Galego e consistirá no visionado das dúas últimas películas documentais que ten feito Tocadores. “Dias de reis” e “Divino:”folia, festa, tradição e fé no litoral do Paraná.
Ao finalizar haberá un coloquio pra debatir, comentar ou facer preguntas a Lía MArchi.
O projeto Tocadores é uma iniciativa de pesquisa, documentação e divulgação de tradições musicais populares que registrou em 10 anos de atividade a vida e a obra de cerca de 120 artistas populares no Brasil e em Portugal.
Com o objetivo de levar ao público em geral informação sobre festas, instrumentos e mestres da cultura popular, o projeto publicou diversos materiais sobre temas como fandango, folia de reis, romarias do Divino, entre outros.
Coordenado por Lia Marchi, o projeto marca seus 10 anos de história com o lançamento do documentário Dias de Reis. O filme conta a história de uma companhia de Reis de Curitiba que há mais de 27 anos mantém esta tradição na capital do Paraná.
Escenas sonoras e canto tradicional no Fórum da Coruña
8 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
O mércores 10 de xuño, ás 20.30 horas no Auditorio do Fórum metropolitano da Coruña, Nelson Quinteiro presentará “As mans perdidas”.
Baixo este nome atópase un concerto baseado fundamentalmente na voz pero con toques de interpretación, danza tradicional ou contemporánea.
As Mans Perdidas fai referencia ás persoas que se agochan detrás das letras da poesía tradicional, e que nos contan historias de vida de fatiga, de moito traballo ou miseria, pero tamén de amor, de ganas de vivir, e dun marco natural que o envolve todo.
Con este concerto Nelson Quinteiro fai un percorrido ós seus temas tradicionais ou de autor que vén escollendo dende fai anos, con novos arranxos e un grande sentimento. As mans perdidas é para este autor cangués o fin dun camiño e o comezo de outro no que vai acadando un son propio e unha identidade máis definida.
(máis…)
A Orquestra O.M.E.GA pecha o Festival Vibracional TPS
6 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Será este domingo 7 de xuño no Salón Teatro de Compostela ás 22 h .
A Orquestra de Música Espontánea de Galicia, O.m.e.ga. naceu dentro da programación de Sesións Vibracionais do TPS en marzo do 2007 na Sala NASA de Compostela. Fan improvisación libre con conducción xestual. Un espectáculo diferente cada vez, sorpresivo e suxerente onde os parámetros típicos da música occidental fican misturados con novos conceptos tan importantes coma aqueles: escoita, erro, rectificación, adaptabilidade, composición instantánea, experimentación, disonancia, dinámicas fortes…. e todo en tempo real!
Trátase dun proxecto colectivo de vinte músicos galegos de moi diversa procedencia que traballan regularmente no eido da música improvisada baixo condución xestual. O director emite unha linguaxe de sinais prefixada que os músicos deben interpretar en tempo real nunha retroalimentación constante sustentada na atención mutua, nos procesos de toma de decisións, na incertidume do instante e, sobre todo, na capacidade para viaxar e sorprenderse coa variada riqueza tímbrica, sonora e dinámica do conxunto como unha entidade orgánica.