jump to navigation

Actividades do Ciclo de Músicas Portuarias: A Montaña Magnética

3 de Xullo 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

O sábado 5 de Xullo ás 18 h na capela do Torrente Ballester en Ferrol terá lugar o espectáculo infantil da Montaña Magnética, un concerto didáctico a redor dos portos do mundo.
Unha actividade con entrada de balde e orientada para os nenos e nenas de tódalas idades.

Stranniki nace no ano 2000 da conxunción musical entre dous currunchos de Europa. Un ucraíno, dous bielorrusos, un lugués e un de Ferrol que misturan con acordeón, violino, baixo e percusión un cóctel de estilos populares con gran finura. Xúntanse co multiinstrumentista Manolo de Berrobambán para o espectáculo da Montaña Máxica. Levaran a nenos e maiores nunha viaxe musical a través do Atlántico, na que se escoitarán as músicas que son banda sonora de cidades con cheiro a mar: Lisboa, Bos Aires, Rio de Xaneiro, Nova Orleáns… Nelas poderemos apreciar tanto as diferenzas como as semellanzas que nos falan de mestizaxe e influencias dunhas sobre as outras.
O mar é diferente en cada praia. Así tamén esta historia vai mudando.

Stranniki

Comentarios

Comentarios fechados