jump to navigation

Foliada nas Rías Baixas: Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas,Novidades discográficas
Trackback

O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a gala presentación do dobre CD Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre.

O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro “Polo”, Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promivida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio.

Invitacion.jpg

O traballo discográfico recolle as aportacións de máis de trinta artistas do mundo da música tradicional que renden homenaxe ao gaiteiro de Viascón. Trátase dun dobre CD publicado por Edicións do Cumio e a Asociación Toque Pechado no que os músicos reinterpretan o repertorio de Ricardo Portela e que se acompaña de fragmentos de conversas con amigos e alumnos de Portela. A edición complétase cun libriño onde se recollen os textos de cada un dos participantes a modo de semblanza do mestre de Viascón. O traballo está promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e os Concellos de Pontevedra e Cotobade.

Comentarios

Comentarios fechados