jump to navigation

III Festival galego de Cabaré

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: Novas
Trackback

Hoxe ás 12:00 de meiodía, no Salón Real do Pazo de María Pita presentouse a terceira edición do Festival Galego de Cabaré, que se celebrará na cidade da Coruña do 22 ao 28 de setembro de 2008.

Os encargados desta presentación foron María Xosé Bravo, concelleira de Cultura do Excmo Concello da Coruña e Nelson Quinteiro, director da mostra teatral.

O Festival Galego de Cabaré é unha nova proposta dentro das artes escénicas en Galiza dende o 2006.

Poderiamos definilo como unha celebración e recoñecemento en torno do cabaré galego, a súa existencia, a súa calidade e a súa variedade de traballos.

Espectáculos de cabaré ao estilo berlinés; monologuistas ao estilo convencional; números aéreos de trapecio e telas, novo circo e malabares en torno ao cabaré; danza de todos os estilos, mestres de cerimonias, escapismo, maxia, poesía, números de travestismo e incluso strip-tease, todo baixo un filtro galeguizador, maioritariamente na nosa língua e de altísima calidade.

Cabare3 A Coruña 800 web.jpg

Despois de dúas edicións de ampla repercusión e éxito de público queremos ofrecer esta terceira oportunidade para o festival como a auténtica consolidación do mesmo, dándolle un carácter máis internacional e enriquecendo os seus contidos.

Cunha ampla programación de espectáculos de sala, cunha forte presenza e impacto na rúa, con reflexo en locais nocturnos e salas de concertos de forma paralela, coa edición dunha revista que fale e dé conta do cabaré galego, das súas propostas e as súas artistas, con exposicións de fotografía e carteis en torno ao Cabaré e ao Festival Galego de Cabaré e con propostas formativas de cara as artistas que participarán da mostra, como modo de reciclaxe e incremento na calidade das propostas que se están a traballar no noso país.

Unha proposta orixinal, nova, atrevida e como reflexo de que algo novo está a acontecer e a moverse dentro do panorama das Artes Escénicas en Galiza.

Un grande festival para unha grande cidade.

CONTIDOS:

Expocabaré08:
Do 1 ao 7 de setembro exposición de fotografía e cartelería no Fórum Metropolitano da Coruña, espallándose por toda a cidade (Alfaiate, CS Gomes Gaioso, Café de Macondo, Bar Flotante, etc…) nos días posteriores ata a celebración do festival.

Fórum Cabareteiro.
3 espectáculos completos de cabaré na Coruña o martes, mércores e xoves da programación.

Café cantante.
5 espectáculos de bar en diferentes pubs e locais nocturnos.

Gala das Varietés.
No Fórum Metropolitano, o venres 26 de setembro

Gala Femme Fatale
No Teatro Rosalía de Castro, o sábado 27 de setembro

Isto de momento é só un adiante, ata o mes de setembro, onde presentaremos toda a programación.

Podedes ter máis información visitando a web:
www.myspace.com/cabare3

Dossier prensa xullo.pdf

Comentarios

Comentarios fechados