XI Memorial Manuel Texo.Concurso de grupos tradicionais
15 de Xullo 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,NovasTrackback
O vindeiro día 20 de Xullo terá lugar unha nova edición do Concurso de grupos tradicionais organizado pola Asociación Cultural Ullán.
O Concurso terá lugar na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, en Vedra, a iso das 18:00 h.
Os grupos clasificados para concursar son os seguintes:
- 1- PICUIÑA ( Marín)
- 2- ABELENTE ( Ourense)
- 3- ANACOS DE BUXO ( Nigrán)
- 4- SEITURA ( Vedra)
- 5- REDEA SOLTA ( Castro Caldelas)
O xurado encargado de valorar e dicidir o gañador son: Edelmiro Fernández, Iván Costa, Carlos do Viso
Os grupos óptan a 3 premios:
- 1º premio_1.100 € + Trofeo
- 2º premio_500 € + Trofeo
- 3º premio_300 € + Trofeo
Os trofeos levarán a firma de artesán Manolo Caamaño.
O deseño dos carteis e dípticos será a cargo do Estudio de Deseño e Arquitectura “Desescribir”
A Fotografía será responsabilidade do fotógrafo Xan Muras.
Durante o Concurso presentarase o Disco do X Memorial Manuel Texo.
Xa para rematar, teremos o pracer de escoitar un manifesto, como xa pasara o ano pasado con Xurxo Souto, este ano será a cargo da Poetisa Luz Fandiño.
Comentarios
Comentarios fechados