jump to navigation

O “Proxecto Zocas” nas últimas representacións do verán

12 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Trackback

“PROXECTO ZOCAS” é un proxecto multidisciplinar no que diferentes áreas artísticas relacionanse entre si coas zocas como nexo de cohesión. Danza contemporánea e tradicional galega, música e artesanía ao vivo en espacios urbanos mesturados nun espectáculo dinámico, visual e irónico.

A compañía Á Mercé das CirKunsTANZias remata a súa xira galega este verán coas seguintes actuacións:

Dirixido por Mercé de Rande coa asistencia coreográfica de Henrique Peón, a interpretación musical de Óscar Fernández coa zanfona electroacústica e loops electrónicos e a representación en directo do zoqueiro Alberto Geada, fan deste proxecto unha das apostas multidisciplinares máis frescas do panorama galego actual.

Zocas

As zocas, calzado primitivo galego, son un elemento importante do noso patrimonio,e ao mesmo tempo o son tamén do norte ibérico e do eixo atlántico europeo, coas diferencias específicas de cada rexión e país, seguen sendo un elemento de fácil identificación para todos os pobos que as compartimos.

“PROXECTO ZOCAS” Trátase dun espectáculo de rúa no que a danza é o soporte principal, e o resto das disciplinas dialogan entre sí, a partir das zocas como elemento central. A intención deste proxecto é revalorizar a cultura, artesanía e etnografia galega, redescubrindo o potencial artístico de elementos até agora empregados só na súa funcionalidade orixinaria, e de adorno, cando a función desaparece.

Éste proxecto é o resultado da investigación ao redor das zocas, elemento motor, inspirador e condicionador do movemento, influíu na composición da danza dende o punto de vista coreográfico, sonoro/percusivo e visual/estético.

As zocas facíanse con madera de bidueiro, árbore antigamente frecuente na nosas fragas galegas, cando as especies autóctonas eran a principal flora, hoxe practicamente en vias de extinción ; as zocas sírvennos para chamar a atención da conservación e da xestión do noso patrimonio natural. A danza,consegue ser ademáis, o soporte mediante o cal sensibilizar ó público.

Éste proxecto tén posibilidades de desenvolvemento coreográfico e artístico, coa aportación do intercambio cultural que pretendemos realizar paralelamente na súa distribución ; Así convidaremos artesáns zoqueiros, maestros de danza tradicional e bailaríns do lugar que visitemos co proxecto, sobre todo no estranxeiro, para voltar despois a Galiza cun espectáculo completo e máis rico, creado ca aportación internacional.

ELEMENTOS DO PROXECTO :

-DANZA CONTEMPORÁNEA : Inspirándose nas zocas como único elemento escénico, Mercé de Rande crea unha coreografía contemporánea aunando disciplinas. Nas súas máns recae a direción artística e a composición coreográfica, asumindo o reto de crear unha peza totalmente actual, interdisciplinar e contemporánea partindo da tradición galega. Mercé de Rande, primeriza na búsqueda de formación contemporánea internacional, foi convidada no 2000 por Mathilde Monnier a participar da sua formación no Centro Coreográfico de Montpellier. Traballou con importantes coreógrafos internacionais e actualmente combina o traballo de dirección da súa recén inaugurada compañía co de bailarina na compañía francesa “Incidents Mémorables” pioneira no emprego das novas tecnoloxías dixitales na escea.
-ARTESANÍA : No espectáculo, o artesán Alberto Geada realiza unha mostra do seu traballo manual,hoxe en día practicamente desaparecido, pois sustituise por máquinas na confeción industrial da construción das zocas. Aprobeitamos nesta mostra, alén da didáctica, o potencial performático que a confeción das zocas require, recreandonos cos diferentes sons e elementos visuais dos utensilios que ó artesán precisa para a sua elaboración artesanal. Alberto é un artesán xoven e versátil, recoñecido tánto pola súa calidade de zoqueiro, no respeto tradicional do proceso como polo cuidado do acabado das pezas, ademáis sorprende pola sua capacidade creativa participando en orixinais creacións.Neste proxecto ademáis de artesán, realiza unha función musical efímera e estrénase como bailarín ocasional.


-DANZA TRADICIONAL GALEGA
: Recolle elementos das danzas tradicionais galegas de zocas de diferentes puntos xeográficos da Galiza. Na selección deste material contamos ca participación, como asistente coreográfico, de Henrique Peón, gran maestro de danza tradicional galega, con máis de 20 anos de experiencia como bailarín, coreógrafo e na recollida de campo. A súa labor é ampliamente difundida tánto na Galiza coma no extranxeiro a través do grupo,“Xacarandaina” que dende fai anos dirixe.
-MÚSICA AO VIVO : Aproveitando a percusión das zocas mailos sons realizados por Alberto, Oscar Fernández Sanjurjo realiza a labor de coordinación e acompañamento musical ca zanfoña electroacústica, interpretando músicas tradicionais e outros ambientes sonoros actuais, gracias á amplificación, pola que Oscar é particularmente coñecido en Galiza; formou parte da mítica banda galega “Os Cempés” e actualmente explora a versatilidade contemporánea da zanfoña co seu novo grupo Bonovo.

Comentarios

Comentarios fechados