Resultados do Gaiteiro de Soutelo
24 de Agosto 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasTrackback
Onte celebróuse en Soutelo de Montes unha nova edición do concurso de gaiteiros solistas Avelino Cachafeiro encadrado dentro da festa do Gaiteiro de Soutelo, cos seguintes resultados.
Cabe suliñar que esta edición do concurso foi organizada pola AGG.
1º Pablo Carpintero
2º Pablo Devigo
3º Óscar Ibáñez
4º Miguel Fraguas
5º Rubén Troitiño
Foto: Julio C. García
Os gañadores recollendo o premio
Comentarios
Agradecementos a Julio C. García pola fotografía
E según parece houbo xente coma Edelmiro Fernández que o deixaron fora da selección….Eu estou pasmadiño co que está a pasar este ano cos concursos que organiza a AGG.
Apertas Xurxo
A verdade, é que non ten sentido ningún, pero a min non me cheira nada ben…
Nin Edelmiro nin Gonzalo se clasificaron e Carpintero ganalle a Devigo que está como unha moto….a min non me convence….
Esto cheira a can…
Algo non está a funcionar correctamente, non digo que Carpintero ou Juanjo fagan un bo traballo de recuperación…pero o que si e que tocar tocar….non o vexo eu mellor ca ningun dos que alí estiveron, inda que todos tiveron os seus fallos, pero non é para comparar a afinación de Edelmiro coa de Carpintero, sei que antes tocarian desafinados pero non é motivo para estalo ahora debido a boa construcion das gaitas…non sei….algo non funciona…Respetar o de antes, pero SI avanzar no tempo e mellorar….
Carpintero fai unha gran laboura etnomusicolóxica…pero ata aí…está ben que exemplifique co seu toque o carácter antergo….pero de aí a gañar o Portela e o Soutelo, hai un avismo.
Avelino Cachafeiro e ou Ricardo Portela tocaban ben mellor ca este señor
Se edelmiro gañase sen baixar do autobus, tamen vos queixariades.
Se carpintero quisexe tocar coa afinacion temperada de edelmiro podería facelo se quisexe, esta claro que domina o instrumento, avería que ver que facian cunha gaita coma a de pablo os outros concursantes, prque o fai pablo cunha coma a dos outros xa o mirei.
Uns tocan o que saben e Pablo Carpintero sabe o que toca.
Folque contrasta as informacións que lle das os teus afeccionados
A literatura dáseche ben, pero non metas a Manuel Villanueva nesto, pídocho por favor.
As gaitas non teñen avería ningunha, tranquilo, en todo caso habería que ver que facían, sería a expresión correcta.
E insisto en que folque.com contrasta as informacións con quen as sabe de primeira man.
Un saúdo
gaitomata, que unha persoa che diga unha bola non he contrastar a información, contrastar e ir o concello de Forcarei e preguntar, ir xunta juanjo, e preguntar, podería dicir dous mais, pero non te vou facer o traballo, e con todo iso detectar quen te mentiu ou che colou a bola, e se tanta xente se molesta en correxirte, polo menos non insistas, a no ser que teñas intereses no tema..
Non importa se a AGG organizou o concurso dun xeito oficial, pero o que non se pode negar é que si que tivo que ver, pois os resultados saltan á vista
O xurado non ten nada que ver coa AGG excepto Xaime Estévez, Fernando de Vicente, pasou ata a última proba para currar na AGG, ademáis de ser o compañeiro de batallas de Iván Area.
Esta é unha batalla inútil, AGG dimisión!!!!!
Comparar a Edelmiro con Carpintero é como comparar a troita de rio ca
de piscifactoría. E neste caso gañou a de piscifactoría.
Deveriades ver, antes de nada, os vídeos em Youtube.
Umha vez vistos digo eu:
Umha computadora conectada a um trevelho mecânico afina mui bem e dá cada nota em tempo. Nom quero lhe quitar méritos a ninguém, só que a música tem também algo mais que técnica; precisa emocionar e transmitir energia, qualquer energia. Se voltamos ao que dize Xacobe está claro que Carpintero nom é truita de piscifactoria porque aprendeu a nadar no rio e comeu o que nele buscou.
Os gaiteiros sempre a brigar! meu Deus, nom tedes paragem! às veces parecedes rapazes!
E logo, nom haverá mais anos?, este ano ganhou Carpintero, outro ganhará Edelmiro.
Todos os que chegarom à final som mui bons (mirai dos videos).
O que acontece é que há muitos gaiteiros que pensam que dominar o arte de fazer música com a gaita é dar muitas notas por segundo, limpas como umha patena e todas em tempo: física e matemática. Alguns tocam assim e nom lograr transmitir quase nada, nom emocionam, nom movem a energia dentro do que escuita, estám nessa fase juvenil de muitos intérpretes de qualquer instrumento que pensam que com dedos está todo feito e esquecem que é preciso também o gosto, a cadência, fazer da peça algo diferente de cada vez que a tocas, deleitar-se tocando… e isso marca a diferença entre um músico e um interprete excelente, mas ao fim um intérprete que ainda nom chegou a músico.
A vida tem os seus tempos e o tempo tem muitos dias.
Por outro lado, e para acabar, meter a AGG nisto parece-me absurdo, mesmo paranóico. Melhor era ver o que falha no que fazemos antes que crer-se divino e botar-lhe a culpa ao governo; só falhando é como se aprende, só identificando e reconhecendo o erro podemos sermos melhores. Ora bem, que se creia já perfeito e injustamente vilipendiado que solicite ao Papa a palma de mártir da gaita.
Todo o que di Paulo está ben dito, mais eu sigo pensando que Edelmiro aparte da súa técnica case de “computadora” ten unha expresividade á que Carpintero nin se achega.
Ademais Carpintero xa ten gañado moitos concursos de musica tradicional dun xeito un tanto cabreante.
Se o que se premia neste tipo de concursos é a pureza e o “enxebrismo” á hora de tocar ( o que me parece moi ben) que o digan, índa que ao meu parecer iso é ir en contra da evolución propia do instrumento e do xeito de tocalo. Ao final todos tocando como o gaiteiro de Soutelo, que ben seguro era un “crak” pero no seu tempo. Saudos