SEGUINTE CAPÍTULO: aCentral Folque, CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR
12 de Setembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasTrackback
Tras a incertidume do último ano, abre as súas portas aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Tras o éxito do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional e Folque nunha andaina de sete anos na súa sé de Lalín, o equipo de produción e docente volve á fronte para botar a andar este novo centro ubicado no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela.
As oficinas administrativas estarán na Rúa Salvadas 22, baixo e as aulas impartiranse na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre.
Neste curso impartiranse aulas de: Canto (Guadi Galego), Gaita (Edelmiro Fernández), Acordeón diatónico (Pedro Pascual), Frautas e requinta (Roberto Sala), Percusión Tradicional (Francisco Estévez ‘Chuco‘), Sanfona (Óscar Fernández), Linguaxe Musical (Benxamín Otero), e Historia da música popular galega (Ramóm Pinheiro) aos que se lle suma a materia de Violino impartida por Quim Farinha.
O equipo de aCentral Folque garantirá a continuidade de proxectos complementarios ao ensino regular en Santiago de Compostela cos cursos monógraficos, intensivos de verán e encontros internacionais de instrumentos.
Nos vindeiros días, colgaremos máis informacións e xeitos de matriculación na propia páxina web e en notas de prensa.
O prazo de prematrícula comezará o luns 15 de setembro e pechará o 1 de outubro. A matrícula formalizarase durante o mes de outubro.
Abrirá en breve tamén o prazo de matrícula para a AFI, Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Até máis información, isto é todo.
Comentarios
[…] Sabedes que a equipa de dirección do Conservatorio de Música Folque con Uxia Pedreira ó fronte anunciou fai uns días que seu novo proxecto “a Central Folque” era xa unha realiade e que esta nova escola funcionaría en Santiago no Centro de Altos estudos Musicais con toda a equipa que estaba en Lalín. […]