jump to navigation

Probas de audición para aCentral Folque Compostela

1 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

aCFc

Describimos a continuación as liñas principais da avaliación para a proba de acceso en aCentral Folque Compostela e adxuntamos documento para cubrir antes das probas. Podes descargar o arquivo completo co questionario aquí:

audicion_aCF

Lembrar tamén que hoxe mércores as 7 pm péchase o prazo de prematrícula. O número de persoas preinscritas supera o límite de prazas en case tódolas materias e non se admitirán máis candidat@s ao peche do prazo. Só nos instrumentos que fiquen sen cubrir, se poderá admitir a trámite a matrícula logo de superar a proba de acceso.
Para poder planificar dunha maneira máis axeitada ditas probas, necesitamos saber se  tes experiencia no mundo da música, e de ser así, en que curso consideras que deberías entrar. Este dato non será vinculante e simplemente o facemos para partir dunha idea de cal é o teu nível, e así realizar unha proba máis específica, e polo tanto, máis xusta.
Ademais, consideramos importante coñecerte un pouco mellor, polo que necesitamos que nos envies cuberto ANTES da realización das probas o formulario que atoparás ao final do documento de descricion_audicion_aCF.

Para a convalidación da materia de Linguaxe Musical, será preciso presentar un documento que certifique que se rematou o estudo da materia, ben nun conservatorio, ben nunha escola homologada. De todos os xeitos, se o alumno demostra nas probas ter os coñecementos necesarios poderáselle convalidar de igual maneira a materia de solfexo.

Horarios para as probas de acceso a aCentral Folque .

10:00 a 11:30
Canto: acceso a 1º e 2º

11:30 a 13:00
Gaita: acceso a 1º e 2º

12:00 a 14:00
Violín

16:00 a 19:00
Canto: acceso a 3º e 4º
18:00 a 20:00
Acordeón diatónico

10:00 a 11:30
Percusión
Gaita

11:00 a 12:00
Sanfona

12:00 a 13:00
Frauta

Este horario pode sufrir pequenas variacións, polo que convén estar un pouco antes da hora da convocatoria.

A convocatoria para as probas é colectiva e durante a hora que dura realizárase a parte específica do instrumento, máis a proba de linguaxe musical.

As probas realizaranse no edificio da Escola de Altos Estudos Musicais, nos xardíns de Vistalegre. Ver mapa detalle,
Para calquera dúbida pódeste poñer en contacto con nós, en:

matricula@folque.com

Comentarios

Comentarios fechados