jump to navigation

Á espera da matriculación

6 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

prematricual_08-09

As audicións desta fin de semana foron o último paso para entrar no curso 2008-09 na sé compostelana. A parte dos nervios e da espera dos candidatos e candidatas, o edificio da Escola de Altos Estudos Musicais empezou a respirar con algo de música popular.
En breve se lles comunicará aos prematriculados se foron seleccionados  para formar parte deste curso en aCentral Folque Compostela.

Lembrar que este sábado será a presentación do curso na EAEM as 11 da mañá.
Esta semana tamén se abrirá o plazo para formalizar a matrícula.

Por último, non esquecer que este xoves 9 de outubro na Igrexa da Universidade en Santiago ás 20.30 h terá lugar o 1º concerto de aCentral Folque con entrada libre.

Comentarios

1. ines - 6 de Outubro, 2008

pois moita sorte, artistas! que me gustaría ir a ver ese primeiro concerto de aCentral na Igrexa da Universidade… pero non podo tampouco!!
A ver se o sábado… aínda que sexa para un café, me paso polo centro.
Bicos!

2. gaitomano - 6 de Outubro, 2008

esas notas xa por favorrrrrrr!!!!…jejeje un saúdo

3. XANANA - 6 de Outubro, 2008

¿SABEDES SE SERÁ PUNTUAL A HORA DO CONCERTO DO XOVES E A DURACIÓN ESTIMADA?
GRAZAS!

4. Andrea - 6 de Outubro, 2008

aiiiiii !!!! nunca estivera tan nerviosa….!!! a ver a ver….

¿¡¿¡¿¡¡¿¡¿¡¿¡¡si? non? si? non? si?non?!!??!???!?!?!?!?!?!?!?!?!?!?!?

5. Folque - 7 de Outubro, 2008

O profesorado está tomando o tempo preciso para tomar a decisión máis acertada. Seica non é tan sinxelo dada a homoxeneidade das candidaturas. Achamos que mañán ou pasado se vos comunicará persoalmente a seleción.

O concerto será duns 70 min e queremos que sexa puntual.

6. Silvia - 8 de Outubro, 2008

Bo día folqueiros,son Silvia de Ribadavía, e simplemente escrívo para comentarvos que outro día, luns 6 do 10, estivemos por ai eu e outro mozuelo da vila facendo unhas probas e me deixei un parajuas de Neskuik pricioso nunha papeleira ou parajueiro do centro Folque…e que évos o meu paraujas prifirido, se o vedes por ai decirlle que irei por él antes ou dispoís….poís
Chamade lojo e parabens polo voso traballo ¡¡¡¡

7. Ghaiteiriña - 8 de Outubro, 2008

Olá! e digho eu… ¿e aos que non nos collan vannos avisar ou temos que estar co “corazón na gorxa” dous días ata que nos demos conta solos?

Bicos e apertas, co “corazón na gorxa”.

8. Puri - 11 de Outubro, 2008

Ola, gustaríame saber se xa se saben os resultados das probas que fixemos e cales son os admitidos, porque non teño claro se vos íades poñer en contacto con todos os que nos presentamos ou so cos que pasaron a proba e poden matricularse. Non sei se xa me podo olvidar de entrar este ano ou se podo ter ainda unha esperaciña.
Moitas gracias