adianto actividades trimestrais de aCentral Folque
20 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
aCentral Folque organiza actividades de carácter pedagóxico e escénico ao redor da música popular galega.
O 1º concerto será este domingo, un concerto matutino a cargo dos mestres de aCFC Edelmiro Fernández e Francisco Estévez “Chuco” (Gaita e tambor) ás 13.00 h no Centro Sociocultural de Conxo.
PROGRAMA
- Concertos matutinos. Centros socioculturais de Santiago
Domingo 26 de outubro_13.00 h
Dúo Edelmiro Fernández e Francisco Estévez “Chuco”. (Gaita e tambor)
Centro Sociocultural de Conxo.
Domingo 2 novembro_12.30 h
Dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández. (Voz e sanfona)
Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
Domingo 9 novembro_12.30 h
Mostra de instrumentos populares do mundo. Roberto Sala.
Centro sociocultural de Fointiñas.
- Conversas abertas e presentacións editoriais. Auditorio da EAEM (Escola de Altos Estudios Musicais)_19.30 h
Sábado 8 de novembro_
“Uxía e Emilio Cao no espello”
Presentación da revista de etnomusicoloxía Etnofolk
Sábado 22 de novembro_
“Camiños musicais por transitar”
Mesa: Ugia Pedreira, Mercedes Peón, Noel Feáns, Patxi Valera.
Presentación do espectáculo Morfasóns e do CD da AFI de Pontevedra.
Sábado 29 de novembro_
“Internacionalización da música galega”
Mesa: Olga Nogueira, Sergio Lago, Vitor Belho, X.L.Romero.
Presentación do 1º disco do grupo folque Bonovo
- Concerto de Natal: 1º concerto aberto.
Venres 12 de decembro_
Novas propostas do alumnado.
Auditorio da Escola de Altos Estudios Musicais.Auditorio EAEM
- Cursos monográficos
Localizacións por confirmar
Febreiro-xuño 2009
Ademais fóra de Santiago estamos a organizar os seguintes eventos.
14-16 novembro. Pontevedra
“DUF”
V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao
Febreiro 2009 – Xira Galega
Descarga ao Vivo: Cuba-Galiza
Marzo 2009 -Narón
V Encontro de Zanfona Contemporánea
Comentarios
E non convidastes a Crespo? Que pouco agradecid@s!
Non vistes que ata A Nosa Terra lle dedicou unha portada? Non sexades parviñ@s, xa vos está lexitimado! Cómpre levarse ben con el.
Co ben que diría Crespo co seu coro plástico!