jump to navigation

3º concerto matutino: mostra de instrumentos populares

6 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, está o organizar unha serie de concertos nas mañás dos domingos en distintos centros socio-culturais de Santiago de Compostela. Son actuacións dos profesores de aCentral  en combinación especial que viu xa a Edelmiro Fernández e Miguel Souto no CSC de Conxo e a Ugia Pedreira e Óscar Fernández no CSC de O Castiñeiriño

Para pechar esta serie haberá unha mostra de instrumentos a cargo de Roberto Sala no CSC de Fontiñas o vindeiro domingo 9 ás 12.30 h
Esta mostra será unha exposición didáctica de instrumentos populares de diferentes familias -percusión idiófona e membranófona, cornamusas, frautas traveseiras e de bico, corda pulsada e frotada- e procedente dos cinco continentes.

Esta exposición estará guiada polo polifacético Roberto Sala, membro fundador dos grupos de música antiga Martín Códax e Acibreira, nunha explicación técnica de cada instrumento e terá como aliciente que amosará as características sonoras de cada un dos intrumentos aos interpretar en directo.


Roberto Sala, Comeza a estudar frauta traveseira e linguaxe musical en Madrid no ano 1987 da man do profesor José Luis Vilches. No ano 88 trasládase a Santiago de Compostela.
Introducido no eido da música tradicional e da corrente folque da man de históricos músicos composteláns coma Luis Areán ou Quim Farinha. No ano 1991 comezou a estudar gaita galega, requinta e percusión tradicional.
Formou parte de proxectos e grupos como “Breixa” gañador dun dos certames “Cidade Vella” de Santiago; Ophiusa, con quen grava un CD; membro dende a fundación do grupo de música antiga “Martín Códax”, no que toca frautas de bico, instrumentos antigos de cana (cromorno, chirimía, tarota) e percusión sendo, logo de catro traballos discográficos e xiras en toda a Península, un dos grupos de música antiga máis activos en Galiza. Fundador do grupo Acibreira no ano 1992.
Como docente, imparte aulas de gaita, requinta e percusión tradicional dende o ano 1995 en diversas agrupacións musicais. Dende o 2001 é o profesor de frauta e requinta do extinto Conservatorio de Musica Tradicional e Folque de Lalín, e Director do seu combo Musical dende 2002 ata o 2007.

roberto_sala

Comentarios

Comentarios fechados