jump to navigation

DUF, V Encontro de Pandeiros de Mao

6 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Entre o venres 14 e domingo 16 de novembro celebrarase en Pontevedra esta cita anual que esta edición ten dúas importantes novidades: a dimensión pública do festival ao celebrarse fundamentalmente ao aire libre na praza da Ferrería e o novo concepto mirando cara as orixes deste tipo de instrumentos na cultura árabe.

DUF, verba de etimoloxía árabe da que derivou adufe, coa que tamén se denomina ao pandeiro, dá nome a este Encontro que dirixe a súa ollada á tradición musical árabe, responsábel da incorporación deste instrumentp ao patrimonio musical galego achegando a Pontevedra a mestría de Massud Naderi (Irán) e Mohammed el Sayed (Exipto) que compartirán priograma artístico con Leilía e Tanxedoras ademais da celebración do xa clásico Serán Urbano.

O entusiasmo polos cantos populares acompañados de pandeiros, a finais do s.XIX, entre os eruditos e investigadores pontevedreses interesados no patrimonio musical galego, lecou a Perfecto Feijóo co seu grupo Aires d’a terra a realizar as primeiras gravacións comerciais de adufe en 1904. Este singular instrumento depositado actualmente no Museo de Pontevedra será exhibido extraordinariamente durante os días do Encontro no Novo Edificio da institución.

logoDUF


Venres 14 Novembro

16:00 h Praza da Ferraría-Apertura da Haima DUF: feira de artesanía musical na que participarán mestres de Galiza (Carlos Collazo, Xaneco Tobío), Portugal (Paulo Meirinhos), Castilla (Victor Barral).
Punto de información xeral
Tetería con especialidades árabes,
Exposición de material bibliográfico e fonográfico.
20:00 h Centro Social Caixanova.Concerto
Barbod. Irán
Leilía. Galiza
Mohammed el Sayed. Exipto

Sábado 15 Novembro
10:00 h Museo de Pontevedra-Obradoiro “Fai o teu pandeiro!” O mestre artesán Carlos Collazo dirixe a construción dun pandeiro cadrado, reprodución do orixinal de Perfecto Feijóo -co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste instrumento en 1904- conservado no Museo.
*Esta actividade conta cun número de prazas limitadas.
11:00 h Praza da Ferraría-Ao encontro de… Mohammed el Sayed na Haima Duf. O maestro exipcio compartirá conversación e té con interesados na súa realidade musical nun encontro de mediación cultural entre artista e público.
12:00 h –Concerto de Tanxedoras, presentando en exclusiva o seu primeiro lanzamento discográfico.

17:30 h –Artesáns en palco: Exhibición musical dos artesáns participantes na feira no escenario central no que presentarán os seus instrumentos interpretando repertorio específico das súas tradicións musicais.
20:00 h -Serán Urbano: Concerto aberto inaugurado polas futuras promesas xurdidas no selo da AFI de Pontevedra e actuacións de tocadores de pandeiros de man afeizoados e experimentados músicos da bisbarra pontevedresa. Tamén haberá unha representación dos colectivos de mulleres árabes na Galiza.

Domingo 16 Novembro

10:00 h-14:00 h Casa das Campás
Master class de pandeireta galega impartida por Felisa Segade
Concerto, exhibición de repertorio e técnica galega a cargo de Felisa Segade.
Presentación de Etnofolk do número especial da Revista galega de etnomusicoloxía Etnofolk, nº8. Coordinado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque (CMTF) que inclúe traballos presentados por profesores do encontro internacional de pandeiros de mao de Pontevedra nas edicións pasadas.

Comentarios

1. diariofolk » Blog Archive » V Encontro de Pandeiros de Mao - 10 de Novembro, 2008

[…] info:http://folque.com […]