Komunikando.net
19 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios Recomendados
Komunikando é un punto de encontro na música galega non subvencionada. Tenta ser foro de debate para cuestionar o panorama vixente, recoñecer carencias, crear unha base estructural…
Esta iniciativa nace logo de 16 anos de pechazón e esquecemento por parte das institucións e administracións. Durante moito tempo, a música galega simbolizou esa imaxe tradicionalista e ancorada no pasado que o goberno de turno quixo promulgar.
Galiza, a súa xente, é rica en moitos aspectos e na música máis se cadra. Aquí cultívanse todas esas vertentes musicais que alimentan o mundo discográfico internacional. Esa riqueza foi esquecida polos propios medios de comunicación galegos, eses que deberían ser sensibles ao que se move na súa terra.
A música reflicte as diferentes cosmovisións que conforman Galiza, sen desbotar as opcións nunca representadas nun parlamento. É o soporte que dá voz aos desacougos máis íntimos dunha sociedade non sempre representada. En definitiva; un medio de socializar e democratizar a cultura e as expresións culturais.
visita: komunikando.net
Comentarios
Comentarios fechados