jump to navigation

Presentado DUF en Pontevedra

12 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Este martes día 11 de novembro presentouse en rolda de prensa o V Encontro de Pandeiros de Mao, DUF, no concello de Pontevedra. No acto presentaron a unha morea de medios de comunicación a concelleira de cultura Lola Dopico, o director artístico d e aCentral e coordinador do festival Ramón Pinheiro e Marcelo González coordinador da AFI e do Serán Urbano en DUF.
Salientouse a importancia deste evento e a súa dimensión pública que ademais coincidirá na mesma fin de semana coa Feira de Outono que terá na praza da Verdura o seu escenario principal.

Ademais dun repaso do programa incidiron na importancia do concerto inaugural do venres 14 ás 20 h no centro cultural de Caixanova con dous representantes das culturas musicais máis importantes no mundo árabe coma son Exipto e Irán de onde veñen respectivamente Mohammed el Sayed e Massud Naderi (Barbod) que compartirán escenario con Leilía.

Así como detalles que non aparecen no programa pero que terán lugar no festival coma unha actividade de dinamización infantil desde as 17 h na praza de Ferrería este venres 14. Xuntaranse nenos da Aula Folque Infantil con nenos da Escola de cultura e idioma árabe do centro socio-cultural do Calvario de Vigo nun taller de percusión, baile e canto e aberta a calquera neno e nena que se achegue á praza da Ferrería.

rolda_duf

Comentarios

1. lois - 12 de Novembro, 2008

Non entendo o do trackback, pincho no enlace e aparece unha páxina en branco cun numeriño ¿?
Alguén pode explicarme?