jump to navigation

Un raposo, un paxaro, dous músicos e un contador no Museo do Pobo Galego

13 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Unha actividade pensada para todos os públicos con sesións ás 12.00, ás 13.00 e ás 17.00 horas.

O vindeiro sábado, 15 de novembro, a música e a narración xuntaranse para realizar unha visita especial ao Museo do Pobo Galego. Unha mirada nova e diferente sobre esta institución que ten xa máis de 30 anos. O oboe de Benxamín Otero, o acordeón de Carlos Quintá E as  palabras de Celso Fdez. Sanmartín, serán os guías á procura dun raposo agochado polas salas do Museo.

O proxecto. que está patrocinado pola Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela,  forma parte do programa,  Outras olladas sobre o Museo, que organiza o Departamento de Educación e Acción Cultural  e que convida a distintas persoas a mirar e interpretar ao seu xeito o Museo. O  antropólogo Manuel Vilar, a galerista Cristina Carballedo ou Encarna Otero, entre outros, fixérono en edicións anteriores.

Nesta ocasión, o trío anfitrión, quere dirixir a súa ollada a un Museo que interpretan como lugar de encontro para “animar as cousas do Museo entre todos, co amor das palabras e da música”.

Comentarios

Comentarios fechados