MUSGAFOL
15 de Novembro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,NovasTrackback
música contemporánea galega para gaita de fol
MUSGAFOL
gaitapiano
Venres 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra.
Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e
a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha
etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que
están garantidos o seu ensino e a súa difusión.
Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita
galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo
repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por
formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.
O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica contemporánea
composta para a gaita galega do s. XXI, que polo de agora só tiña cabida nas aulas
dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.
Nesta primeira edición do MUSGAFOL daranse cita algúns dos mellores
gaiteiros e pianistas do noso país para interpretar unha selección do repertorio
contemporáneo para gaita e piano, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico desta
formación, que marcará un fito na historia do noso instrumento.
Programa:
Agustín Sánchez Gabriel López
Capricho de gaita (Agustín Sánchez)
Pablo Devigo Lucas Llumá
Bría (Pablo Devigo)
Cristian Silva Olalla Bouzas
“Corticata”: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas)
Oscar Ibáñez Pilar Isabel Rodríguez
Redondelana (Ernesto Campos)
Paulo González Iván Abal
Contorno #1 (Paulo González)
David Bellas Ana Belén López-Villar
H2O (David Bellas)
Presenta: Javier Jurado
Comentarios
Comentarios fechados