jump to navigation

Cita ineludíbel para comezar a fin de semana

25 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Entre magostos, seráns e concertos varios, destacamos a celebración do  Musgafol, unha iniciativa da Asociación de Toque Pechado de Pontevedra.

Será esta sexta feria (venres) 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra con entrada de balde.

Cartel Musgafol 10.jpg

Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica contemporánea composta para a gaita galega do s. XXI, que polo de agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Nesta primeira edición do MUSGAFOL daranse cita algúns dos mellores gaiteiros e pianistas do noso país para interpretar unha selección do repertorio contemporáneo para gaita e piano, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico desta formación, que marcará un fito na historia do noso instrumento.

Programa:

Agustín Sánchez Gabriel López- Capricho de gaita (Agustín Sánchez)

  • Pablo Devigo Lucas Llumá- Bría (Pablo Devigo)
  • Cristian Silva Olalla Bouzas- “Corticata”: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas)
  • Oscar Ibáñez Pilar Isabel Rodríguez- Redondelana (Ernesto Campos)
  • Paulo González Iván Abal- Contorno #1 (Paulo González)
  • David Bellas Ana Belén López-Villar- H2O (David Bellas)
  • Presenta: Javier Jurado

    Máis info en: http://www.oscaribanez.com

    Comentarios

    Comentarios fechados