II Xornadas da Industria Musical Galega no Cultur.gal
27 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasTrackback
A semana que vén terá lugar o CULTUR.GAL, a Feira Galega das Industrias Culturais, tan demandada desde moitos sectores. Esta é a súa segunda edición (o ano pasado celebrouse en Pontevedra) mais esta é a primeira vez que conta cunha ampla representación dos sectores produtivos da cultura galega: literatura, audiovisual, artes escénicas, música e novas tecnoloxías. De entre todos eles, a música vai ter unha destacada presenza. Non só haberá stands de empresas musicais, senón que haberá 15 showcases que ofrecerán as últimas novidades da música galega e un espectáculo musical, o “Music.gal” que constitúe un dos pratos fortes da Feira, ademais dun CD promocional da música galega que se distribuirá por todo o país na campaña de Nadal.
O Cultur.gal acollerá tamén as II Xornadas da Industria Musical Galega. Unhas xornadas que dan continuidade ás que se celebraran o ano pasado no Auditorio de Galiza. Daquela o público asistente ratificara nas enquisas de opinión a necesidade unánime deste tipo de encontros que lle permitan ao sector manterse ao día ao tempo que se interrelacionan e debaten. A organización desta segunda edición correu a cargo das asociacións do sector, AGEM e AGAPHONO e, ademais de conferencias e mesas redondas, ofrecerán a posibilidade de participar nun par de “meeting points” para interaccionar directamente cos conferenciantes das xornadas.
O prazo para a inscrición nas xornadas (de entrada gratuíta mais previa inscrición) remata o próximo domingo día 30.
Información e inscrición na seguinte ligazón:
http://www.culturgal.com/actividade.php?id_a=10
Podes descarregar o programa do Cultur.gal completo en formato .pdf aqui:
Comentarios
Comentarios fechados