jump to navigation

XXI Xornadas da Gaita 2008

9 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

xornadas_gaita

O Ateneo Ferrolán organiza para os vindeiros 19 e 20 de decembro as XXI Xornadas da GAita 2008 onde actuarán a banda de gaitas “Agarimo” de Ferrol e Roncos do diablo de Portugal o venres e o Trio Vaamonde, Lamas & Romero o sábado.

O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 20 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.

Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.

Entre outros e durante vinte anos pasaron polo Ateneo Ferrolán:

Iván Costa, Baila na Criba, Carlos Zaera e Oscar Ibañez, Jean Cristophe Maillard, Raparigos, Xeremiers de Calatraba, Grupo Universidade Popular de Vigo, Fuxan Os Ventos, La Musgaña, Alfolies, John & Frances, Carlos Núñez, David Spillane & Band, Anxo Pintos, Dúo Bertrand, Patric Molard, Milladoiro, Pec-Toni, José Ferreirós, Marie Le Cam (Gaiteira Solista Bretona de Gaita Escocesa), Grupo Folk “Veria”, Trío “3 das Cóxegas” e Luvas Verdes.

Comentarios

Comentarios fechados