jump to navigation

1º Concerto Aberto de aCentral Folque

9 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Este venres 12 de decembro ás 19,30 h no auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais, sé pedagóxica do Centro Galego de Música Popular, terá lugar o 1º Concerto Aberto con propostas do alunado desta escola.
O edificio está situado no Parque de Vista Alegre, no barrio homónimo de Santiago de Compostela.  Podes ver un pequeno mapa aquí.

O espectáculo será unha mostra informal de novas propostas que estudiantes de aCentral Folque queren amosar en palco. Actuacións breves e intensas de novos valores da música na Galiza en formato de dúos, trios e solistas con arranxos simples e efectivos onde se poderá apreciar a versatilidade da música inspirada en formas patrimoniais galegas con frescura e orixinalidade.

alunos

Unha sucesión de intervencións de alumnado de cada materia instrumental: canto, violino, sanfona, gaita, percusión, acordeón diatónico e requinta. Un concerto de natal que non terá referencias festivas nin glamour comercial senón espírito de superación e entretenimento lúdico coa música de raíz como excusa.
Será un concerto breve de entrada libre que tentaremos sexa puntual

Comentarios

1. Begoña - 10 de Decembro, 2008

Vai ser un espectáculo xenial! coma sempre… Disfrutade moito. Vou sentir ter que escoitarvos dende lonxe… Biquiños mil para mestres e alumnos!