jump to navigation

I Gala Premio O Festivaleiro do ano

10 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback
festivaleiro

KOMUNIKANDO.NET presenta a I Gala do Festivaleiro do ano este sábado día 13 na Gentalha do Pichel en Compostela.
O portal de música en galego fará entrega do zocófono que acredita o “I festivaleiro ou festivaleira do ano” as 22:30 horas na Gentalha do Pichel.  A gala estará dirixida por Denis Mutante que contará coa colaboración da Banda Mutante e a presencia dos nominados: Natalia de Boiro, Silvia e Bea, Lucía de Foz, Mudito de Bandeira, Kao de Mos e Pajón de Neda.

Hai que lembrar que xa no 2006, Komunikando.net intentou solucionar certos problemas que os Festivaleiros e Festivaleiras tiñan cando remataba o verán, e por iso fundamos a ONG SOS Perloca “Apadriña un festivaleiro”, pero este ano queriamos mais e por iso sacamos a luz esta nova iniciativa.

Porque nos festivais non son só importantes os artistas, dende o publico saen auténticas bestas do espectáculo, incondicionais da festa que a disfrutan e axudan a creala.

E por isto xurde esta iniciativa, para recoñecer a labor de quen traballa na sombra, dende abaixo do esceario.

Música, humor e festa o Sábado 13  dende as 22:30 horas na Gentalha do Pichel en Compostela.  A entrada será a vontade e os asistentes ademáis de votar polo festivaleiro ou festivaleira do ano levaránse un cd de agasallo.

DATOS DO EVENTO

Lugar: Gentalha do Pichel
Data: 13-12-08

Horario: 22:30h

Prezo:
a vontade

CONTACTO:

KOMUNIKANDO.NET
Contacto:
Xurxo: 656 94 37 84

E-mail: info@komunikando.net

Dirección:
Rúa Nogueira de Conxo 21
15706 Santiago deCompostela
(A Coruña)

Webs:
www.komunikando.net

Comentarios

Comentarios fechados