jump to navigation

Presentación editorial de Bailarei sobre a túa tumba

15 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

«Bailarei sobre a túa tumba» (tamén na súa tradución ao castelán) no Centro Comercial Compostela. Salón de Ámbito Cultural (Planta Baixa)
Día 20 (18 horas)

Berta Dávila presenta co seu titor, Agustín Fernández Paz, a novela gañadora do 4º premio Biblos-Pazos de Galicia.

bailarei

A compostelá de 20 anos residente na Coruña Berta Dávila Fernández, gañadora do 4º Premio Biblos- Pazos de Galicia para menores de 25, presentará a súa novela «Bailarei sobre a túa tumba» (tamén na versión en castelán) no salón de Ámbito Cultural de El corte Inglés de Compostela o vindeiro sábado día 20 ás 18 horas. No acto estará acompañada polo premio nacional de Literatura Infantil, o tamén escritor Agustín Fernández Paz, que foi quen tutelou a última fase do seu traballo creativo na Casa Grande do Bachao.

Estudante de Filoloxía Hispánica na Coruña, a autora ofrécenos en «Bailarei sobre a túa tumba» o xeito de ver o mundo e de enfrontarse á  ida dos membros da que ela chama a “xeración Xabarín”, é dicir, a dos mozos e mozas que naceron na década dos oitenta e “viron os xogos olímpicos na tele, pero non se lembran demasiado”».

O feito de que o retrato dunha xeración a través duns poucos personaxes sexa un dos máis frecuentes na literatura, lonxe de restarlle méritos dálle aínda maior interese á proposta de Berta Dávila, pois cada xeración ten o seu xeito específico de enfrontarse ao mundo e á vida, un xeito que sempre é orixinal e irrepetible. A dicir do xurado, que tivo como secretario a Agustín Fernández Paz, «se o tema ten interese, non o ten menos a forma de narrar que Berta Dávila nos descobre: hai unha madurez no emprego das estratexias narradoras, uns diálogos cargados de vida, un intento de trasladar á escrita o ton vital e os rexistros lingüísticos desta xeración de mozos e mozas que viven agora a década dos vinte anos»

Comentarios

Comentarios fechados