jump to navigation

Rebulir no Nadal

15 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir ven de presentar o seu programa de actividades para o vindeiro mes de Nadal.  A máis destacada será o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que se desenvolverá o día 20 de Decembro, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando con grupos de toda Galicia e algún de Portugal.

Este programa seguirá o Sábado día 27, cun obradoiro de Xogos Bailados, dirixido a xente de todas as idades. A cita será as 17:00 h no local de Rebulir situado na Praza de San Andrés – Vilavidal.

Continuando co mesmo o Sábado 3 de Xaneiro será a Inauguración da Exposición “Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás” no Centro Sociocultural de O Picouto, este  acto comezará as 18:00h.

rebulir

Seguindo a Ideoloxía da Asociación, ningún dos actos suporá custe algún para os asistentes, xa que a finalidade é facer extensible a cultura a todo o mundo, sen ter que pagar por acceder a mesma.

A continuación exponse un cadro resumo co calendario destas actividades:

Para calquera dúbida ou cuestión, poden dirixirse ao 639 908 005 ou ben no enderezo electrónico rebulir@hotmail.com. Enviase tamén adxuntamente os cartaces dos eventos.

Comentarios

Comentarios fechados