jump to navigation

Avance dos monográficos ’09

10 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Trackback

avancemonograficos

Facemos un pequeno avance do programa dos monográficos de aCentral Folque para este ano ’09.

Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.

Terán lugar en Santiago de Compostela entre os meses de febreiro e marzo. As prazas son limitadas e a admisión por orde de preinscripción.

Nos vindeiros días colgaremos no portal de www.folque.com máis detalles e abriremos o prazo de preinscripción. Estade atent@s!
Estes son os detalles principais:

Imparten:
XAVIER BLANCO.  Gaitas troncais
Data: 27 de febreiro (2 h)

ÓSCAR IBÁÑEZ.  A gaita e a dixitación pechada nas marxes do Lérez
Data: 6, 13, 20, e 27 de marzal (8 h)

PABLO CARPINTERO. Tipoloxías e repertorios nas gaitas galegas
Data: 3, 17, 24 abril e 8 maio (8 h)

JUANJO FERNÁNDEZ. A gaita clásica: tempero, dixitación e repertorio
Data: 15, 22, 29 maio e 5 xuño (8 h)

-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais

Imparten:
RAMÓN BERMEJO. Técnicas de canto en grupo
Data: 27 febreiro, 6, 13, 20 marzal (8 h)

PAULINA CEREMUZYNSKA. Técnica vocal e interpretación
Data: 27 marzal; 3, 17, 24 abril (12 h)

FRANSY GONZÁLEZ. Repertorio de Bergantiños con pandeireta
Data: 16 maio (8 h)

-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais

Imparten:
MIGUEL SOUTO. O baile solto nos seráns
Data: 13 e 27 de marzal (4 h)

MERCÉ DE RANDE. Xeometrías da danza
Data: 20 e 28 marzal (4 h)

JANOS FUGEDI. Labanotation: método de escritura para baile tradicional
Data: 11 e 12 maio (16 h)

HENRIQUE PEÓN. Master class de danza tradicional galega
Data: 23 xuño (2 h)

Imparte:
CARLOS QUINTÁ. Introdución ao acordeón diatónico.
-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
-Datas: 27 febreiro; 13, 20, 27 marzal; 3, 17, 24 abril (6 h)

Imparte:
ARTUR FERNANDES. Ao toque de diatónico
-Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
-Datas: 14 marzal (8 h)

Imparte:
SÉRGIO TANNUS. Guitarra popular brasileira
-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
-Datas: 3, 17, 24 abril; 8, 15, 22, 29 maio; 5, 12, 19, 26 xuño (10 h)

Imparte:
LUIS PREGO.     Adufe, pandeiro cadrado de Galiza e Portugal
-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
-Datas: 9, 16, 23 e 30 maio; 6, 13, 20 e 27 de xuño (12 h)

Imparte:
CHEFA ALONSO. Improvisación libre
-Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
-Datas: 6 e 7 de marzal (8 h)

Imparte:
SERGIO DE LA OSSA. O método Kodály: adaptación galega
-Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
-Datas: 6, 7, 13 de marzal (16 h)

Imparten:
Patricia de Lorenzo, Xron, Manuel Cortés: Relación coa escena
Fidel Vázquez. Relación coa luz
Xurxo Pinheiro. Relación co son
-Lugar: Sala NASA
-Datas: 10, 17, 24, 31 marzal; 14, 21, 28 abril; 5, 12 maio (30 h)

Comentarios

1. Eduardo Monteiro - 11 de Xaneiro, 2009

http://www.pateodealfama.com

Restaurante com danças populares e fado, e também um grupo de adufeiras, localizado no castiço bairro de Alfama, em Lisboa.A não perder.

2. Galibouz - 13 de Xaneiro, 2009

Ummmmmmmm!!!
Guitarra brasileira….
Interesante.
Como soará a Bossa Nova de Freixido?
E a Garota de Rianxo?

Pero a que andamos?
Moito continente pero moi pouco contido (á marxe da gaita, claro.)

Ala, a mellorar, rapaces!

3. eva - 24 de Xaneiro, 2009

?galibouz a donde metes enton o profesor de Hungria con este teu comentario, e o taller de danza contemporanea ou consideras que na música galega non está influenciada por nada como se vivise numa cova?