Nonsí? estrea web
21 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasTrackback
Nonsí? Servizos Culturais nace no ano 2007 da man dos seus cinco socios (Carlos Montilla, Noa Díaz, Ramón Montilla, Anxo García e Celso Fernández), que, tras poñer en común as súas inquedanzas no ámbito cultural deciden dar o paso de presentarse como unha nova empresa no ámbito da creación e da xestión cultural galega.
Todas as persoas que forman parte deste proxecto temos un compromiso coa cultura. Apostan por crear cultura e por recrear a que nos dá identidade.
As principais áreas nas que traballan son:
- A distribución artística: sendo a música tradicional unha parte importante da súa actividade, Nonsí? está a abrirse camiño noutros campos artísticos, no panorama musical internacional e no ámbito máis actual e de vangarda.
- A produción de espectáculos, xestionando os recursos humanos e técnicos necesarios para o bo funcionamento das actividades culturais.
- A creación e xestión de proxectos culturais.
Visita a súa web e mira que grupos e actividades levan.
Comentarios
Comentarios fechados