jump to navigation

III edición do encontro do asociacionismo xuvenil

23 de Xaneiro 2009 - Enviado por serio a: Novas
Trackback

asociacions

Nos próximos días 7 e 8 de febreiro celebrarase en Compostela a terceira edición do encontro do asociacionismo xuvenil de Galiza e o Norte de Portugal que anteriormente foi en Porto e en Vila Nova de Famalicão. Estes encontros teñen o obxectivo de crear un espazo onde compartir realidades, experiencias, problemas e solucións comúns no mundo asociativo e reducir as distancias entre realidades semellantes e próximas.

Descarga o formulario de preinscrición aquí: inscricion_asociacions.
No encontro contarase con diferentes espazos. Na MOSTRA haberá tempos e espazos para que cada asociación xuvenil expoña e comparta as súas ideas, as súas actividades e os seus proxecto de futuro. Para iso contamos cun espazo de EXPOSICIÓN con stands para que as asociacións xuvenís interesadas divulguen os seus proxectos e actividades. Tamén teremos un ESCENARIO, aberto á participación dos grupos que queiran actuar diante dos visitantes da Mostra – Encontro.
Haberá tamén un ESPAZO MULTIMEDIA onde expoñer traballos de creación e divulgación realizados por mozos e mozas.
En canto ENCONTRO haberá a oportunidade de convivir, relacionarse festexar con mozos e mozas asociados de ambas partes do Miño: SEMINARIOS formativos e de reflexión sobre a elaboración de proxectos conxuntos e sobre a vida asociativa, CONCERTO – festa para o sábado noite, ANIMACIÓN e actividades variadas.
O aloxamento é gratuíto para as asociacións xuvenís interesadas que se inscriban con anterioridade ao 27 de xaneiro.

Comentarios

Comentarios fechados