Marful na ARTeria Noroeste
27 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,NovasTrackback
ARTeria Noroeste presenta en Santiago de Compostela a Marful dentro do ciclo ARTeria Raíz. O espectáculo, denominado Marful Intimíssimo, terá lugar o xoves 29, ás 21:00 horas, no recinto compostelán (Parque Vista Alegre. Rúa das Salvadas, 2A) cun prezo básico de 5 euros.
ARTeria Raíz nace con vocación de servir de ventá para aquelas propostas musicais inspiradas na tradición. Baixo este concepto, ARTeria Noroeste quere dar cabida a tendencias de orixe folclórica ou popular; dende os estilos máis puros e ortodoxos ata proxectos rupturistas ou renovadores.
ARTeria Raíz debutou, a finais do pasado ano, cos concertos de Espido e os asturianos Nuberu. O ciclo reábrese, o xoves 29, da man de Marful. O grupo compostelán, referente imprescindible da nova música galega, presentará o seu repertorio fusionado e contemporáneo de tango, bolero, habanera e demais xéneros bailables en formato de cuarteto: Ugia Pedreira (voz); Pedro Pascual (acordeón diatónico); Pablo Pascual (clarinete); e Marcos Teira (guitarra).
As localidades para Marful Intimíssimo están xa á venda en caixagalicia.es e na propia billeteira de ARTeria Noroeste.
Comentarios
Agardo que non se acaben as entradas! eu definitivamente quero ir! inda que esté morrendo! hehe, que ben! Por fin vou poder asistir a un concerto completo de Marful!
Sabedes cando é opróximo concerto da nova xira de Marful”Intimissimo”?xa k non puiden velos na Arteria noroeste,cado volven tocar.gracias de ante man,bicos!!!