Dúo Fdz. & Quintá en xira polo norte peninsular
6 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasTrackback
Este dúo de sanfona e acordeón diatónico vaise de xira por terras riojanas, bascas e asturianas durante a vindeira semana de febreiro. Ademais o mércores 11 termina a xira cunha celebración en A Repichoca na Rúa Orillamar de Coruña ás 21.30 con entrada libre e reencontro coa galeguidade…
Estas son as datas dos concertos acústicos do Dúo Fdz. & Quintá:
- Dia 8 Logroño Escuela de Gaita y Tambor de Alberite
- Dia 9 Hernani, Herri Musikaren Txokoa – Centro de la Música Popular de Hernani.
- Dia 10, Xixon. Escuela de Música Tradicional “La Quintana”
Dúo Fdz. & Quintá.
Carlos Quintá, Acordeón Diatónico
Oscar Fernandez, Zanfona.
O dúo Fdz.& Quintá reune dous instrumentos que en dúo, foron uns descoñecidos na música tradicional galega:
Mentras a zanfona desaparecía despois de case 8 séculos presente na cultura musical de todo el norte de la península, o acordeón diatónico emerxía e cobraba protagonismo nas celebracions festivas de Galicia.
Falamos de principios do século XX.
O acordeón aporta a armonía, os baixos e unha melodía mui dinámica e a zanfona a calidez das cuerdas frotadas máis a percusión do bordón rítmico, unha orquestina completa con só dous músicos que en ocasions, atrevense incluso a cantar.
O dúo Fdz. & Quintá reinterpreta músicas tradicionais principalmente do cancionero instrumental gallego, do propio acordeón diatónico, da gaita, ainda que non faltarán algún tema cantado ao estilo dos cegos mendicantes basado na interpretación de Faustino Santalices nas súas xeniais grabacions de 1927.
O programa completaráse con composiciones orixinais do Dúo basadas en ritmos tradicionais e temas adaptados de outras culturas europeas.
O repertorio del duo Fdz. & Quintá pode ser concebido como un concerto didáctico, simplemente para escoitar, ou para bailar. Amplificado ou totalmente acústico.
Comentarios
Comentarios fechados