A la Habana quiero ir
11 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasTrackback
“A la Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba”. É o título dun libro que acaba de sair do prelo e que publica a editorial Sotelo Blanco e promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Está escrito polo profesor de Historia e director artístico de aCentral Folque, Ramom Pinheiro Almuinha.
Este libro recolle as investigacións que o escritor fixo sobre a conexión musical que dos galegos ao longo de décadas cando se empezou a emigrar masivamente a este lugar do Caribe no século XIX.
Un exhaustivo traballo organizado en dúas seccións: a presencia da comunidade galega na illa e a súa estructuración social (veladas artísticas, agrupacións, sociedaes de instrución…) e a música dos galegos en Cuba así como a súa hibridación coas tradicións locais.
En fin, un ensaio interesante, con boas fotografías e de lectura amena que o autor presentará na Feira do Libro de La Habana a vindeira semana.
Desgraciadamente é unha edición de tirada limitada e este libro non se atopará facilmente. Haberá algún exemplar na biblioteca de aCentral Folque para consulta e esperamos que teña unha reedición pronto.
A la Habana quiero ir. E quen non?
Comentarios
Comentarios fechados