jump to navigation

Cabaréntroido en Compostela

18 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Unha xornada de cabaré no Entroido de Santiago de Compostela cos espectáculos o vindeiro sábado 21 de febreiro de 2009 a cargo de Nelson Quinteiro, a Compañía Femme Fatale e a St James Street Band e organiza a Concellería de Festexos do Excmo Concello de Santiago

Este é programa do evento:

cabare

Adaptándose plenamente á tradición da presentación do Meco, o sábado de Entroido sairá da Praza de Cervantes ás 20:00 acompañando á comitiva do meco co noso espectáculo CaBaRéDeAmBuLaNtE. O desfile percorrerá as rúas da Cidade Vella de Compostela ata chegar á praza do Toural, donde ás 20:30 Nelson Quinteiro estará encargado de facer lectura do pregón do Entroido.
Será un pregón pouco convencional, interpretado e con banda sonora da St James Street Band e coreografías do corpo de baile da nosa Compañía Femme Fatale. Unha vez rematado o pregón, seguirá co CaBaRéDeAmBuLaNtE ata rematar ás 22:00 na Sala Capitol.

O espectáculo contará cun nutrido grupo de artistas.
5 músicos, un mestre de cerimonias e 6 actrices para percorrer as rúas de Compostela a golpe de tacóns, medias de rediña, colorete, purpurina e todos os elementos precisos para montar un auténtico CA-BA-RÉ…

+INFORMACIÓN:

Comentarios

Comentarios fechados