Antroido en Ouzande
20 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
A asociación da fervenza de Ouzande, colectivo deste lugar do concello da Estrada, celebrará este sábado de antroido, 21 de febreiro a súa festa.
A partir das 17:00 da tarde haberá unha concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.
Horario aproximado:
- 17:15 da tarde: saída do campo
- 17:30: O Tallo
- 18:00:. O Castro
- 18:15: O Picoto e o Redondo
- 18:35: Alemparte e O Formigueiro
- 19:00: O Topete
- 19:15: Igrexa
E como remate a partir das 19:30 da noite, gran festa de disfraces no local social. Música, animación e degustación dos produtos típicos do antroido.
Se queres saber deste antroido e da asociación, visita o seu blog.
Comentarios
Comentarios fechados