jump to navigation

2º concerto aberto aCF, que bonito!

23 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

2concertoaberto

o 2º concerto aberto de aCentral Folque, a actuación do alumnado de aCFCompostela en palco, tivo lugar este sábado 21 na escola cunha asistencia numerosa que ateigou o auditorio.

Os combos colectivos abriron e pecharon a velada, unha sucesión de actuacións en grupo do alumnado representando os instrumentos que se imparten no centro e misturando disciplinas. Foi certamente unha noite agradábel e con moita calidade musical.

Parabéns a todos estes novos valores da música galega.

2concertoaberto2

Comentarios

1. isa - 23 de Marzo, 2009

da xenio vervos rapac@s!!

2. ouvinte - 23 de Marzo, 2009

Mas que qualidade o que houbo foi quantidade, acho eu. Houbo diversidade, e isso está bem; houbo reelaboração, que também é optimo. Mas, houbo ensaios? Acho que não, a julgar pelo ouvido. A escenografia claramente improvisada, a acústica evidentemente descoidada (as vozes não se percebiam por defeito e o grupo de gaitas tampouco mais por excesso), os músicos maiormente incómodos e todo num ambiente de sublimada, velada, reivindicação. Mas reivindicação de quê? Semelha que há problemas co centro mas não se sabe quais. Qué forma é essa de involucrar ao publico sem deixalo se involucrar? O resultado: incomodo. O mesmo coa música. Paresce que há umha visão das coisas mas não acaba de se materializar. Intúese, mas não se verbaliça, não se materialiça. Voçês tenhem medo de ager. Isso é que transmitiu a súa música.

3. Serio - 24 de Marzo, 2009

certamente interesante comentario, ouvinte.
non estiven no concerto e non podo opinar pero paréceme un comentario a ter en conta

4. alumn@ folque - 24 de Marzo, 2009

eu si estiven no concerto, de intérprete e ouvinte.
Podo dicir que houbo ensaio e premeditación. Tamén nervios do alumnado e falta de costume nos palcos, e erros na interpretación, certamente.
Se nos comunicara ademais que era unha actividade de toma de contacto, de experiencia na escena, necesaria para o desenvolvemento profesional dos músicos.
A escenografía foi improvisada, así coma a verborrea do presentador, e as entradas e saídas da escea e a sucesión dos grupos foron tal cual. É verdade que o espazo do auditorio non está preparado para facer moito máis -acceso a palco é por diante, sen outra posibilidade-.
A calidade acústica foi, eu diria, aceptábel. No escenario é complicada porque non nos oimos ben os que tocamos enriba, proxéctase cara diante. Como ouvinte non era tan mala que coma intérprete, de tódolos xeitos. E é certo que quince gaitas nun lugar tan pequeno é demasiado.

En canto ao aspecto de reivindicación, eu diría que foi bastante sutil e, iso é certo, non foi explícito aínda que acho que nin a dirección mesma ha de saber cal é o futuro con certeza nestes tempos de incertidume postelectoral e crise nos xornais.

Así e todo, só quería contextualizar o acto, non defendelo. Parécenme moi acertadas as apreciacións de “ouvinte”.

5. tarzanéunnome de can - 25 de Marzo, 2009

Un concerto do alumnado,que como alumnado se está a formar para a profesionalidade. HOubo cantidade? Claro, somos moitos. Non Houbo calidade? É a túa opinión e deberías falar dos teus criteiros para poder rebatirchos. Evidentemente é certo que houbo músicos diferentes : xente que escomezou a estudar fai pouco e que tiveron a oportunidade de estar en “palco”; e alunos que levan máis tempo e tocan por palcos, verbenas e tabernas con diferentes guirnaldas e parecidas actitudes. Tes razón no da escea; como ti mismo dis foi moi improvisada e desestimada. Eu direi que buscamos cercanía, frescura, que nada semellara pretencioso, o cual non deixa de ser difícil nese edificio non preparado para a música popular, como seguro tí percibiche. Con todo, heite avisar pra cando vaiamos maqueados e maquillados e poñamos telón prateado, por tras, atrás.
En canto ó que falou Ugia, eu topeino un pouco longo, mais certeiro. Ás veces, perdón, moitas veces, a suxestión explica máis que a explicación; e o que queira entender que entenda. Sen máis, gracias polas túas opinións, é moi importante que o público nos transmita as súas sensacións, para poder correxir e medrar.
No fín, non dubides que todo se há materializar, todo menos o esprito.
Un saudo
Carlos

6. outro ouvinte - 25 de Marzo, 2009

pois eu penso que para as pretensións do acto, que era un concerto de alumnos, estivo bastante ben.

7. outra ouvinte - 25 de Marzo, 2009

home, creo que houbo calidade, incluso máxima calidade para ser alumnos e alumnas, incluso algun vai comendo as papas aos profesores pois diso se trata. Home, o concerto xá anunciou Ugia que era informal pois cando se facian el Lalin traballabase a parte escénica no escenario con mais ensaios con telón, non eran estes concertos, eran mais formais. Estes concertos son caseiros e cada vez se resolverán mellor. Para ser en acústico sonaba moi ben, os gaiteiros eran moitos, pero asi tamén tocan todos e todo o mundo mal ou ben mostrase no escenario. O público estaba formado por compañeiros, amigos, pais e supoño que este cambio político fai dubidar ao equipo docente e de dirección hacia cal será o novo panorama. Pareceme tamén normal. Os alumnos non temos medo de axer, temos pánico escénico e o nudo no estómago bastante típico. Se queres axudar ouvinte, xa o estas facendo con este comentario, o proximo que sexa con vontade porque vontade xa tes. Mágoa que estiveras incómodo, doido, revolto e que o ambiente burbujeante da sala non introducira o bon rollo que tiñamos alguns.

8. Marcos - 27 de Marzo, 2009

Para o mensaxe número 2 de Ouvinte:

É o que ten facer un concerto de alumnos e non de profesores.

9. olè - 30 de Marzo, 2009

quen lle dera a moitos grupos que graban discos e mesmo fan xiras internacionais ter o talento, a creatividade e mesmo a tècnica que teñen alguns dos alumnos e alumnas da central.

10. suso - 30 de Marzo, 2009

Os malos rollos xa chos digo eu: o señor Enrique Meyer, Xefe de Estudos da Escola de Altos Estudios Musicais prohibiu de forma explícita que os alumnos da central folque poidamos ensaiar no edificio, mesmo cando este se atope en desuso. Como comprenderás é complicado que haxa bon rollo cando temos que convivir cunha situación de discriminación clara que intenta disimularse baixo subterfuxios de carácter legal. E máis complicado todavía lograr un producto cultural de calidade cando se nos negan os recursos mínimos para producilo. Gustaríame a min escoitar o que sae dos instrumentos da philarmonía se tiveran que ir ensaiar ao monte como teño que ir eu, e iso cando fai bon tempo por que o resto do ano ensaio no casco dun boli usado. Así que situemos as cousas no seu contexto e sexamos claros para que ninguen se leve a engano e sobre todo para que ninguén vaia dizer que chove cando mexan por nós.

11. alumna - 25 de Abril, 2009

Estiven como ouvente e penso que para ser un concerto de alumnos estuvo ben. A sala non é moi doada para dar un concerto e a falta de monitores no escenario fai que sexa moi difícil para os músicos que están tocando ouvirse os uns aos outros, cousa clave para poder facer un concerto bo. Ainda asi penso que estivo ben.

Fallos pódense sacar sempre e penso que si a crítica é constructiva, que sempre ten mérito, pero non desanimemos aos compañeiros que tiveron o valor de porse encima das tablas e tocar. A miña primeira vez no escenario tampouco foi un éxito e si o ¨ouvinte¨ toca, penso que sería doado que recordase a súa primeira vez no escenario… Os nervios, a inseguridade, etc…

Compañeiros alumnos: Seguide con ese ánimo e seguide deleitándonos cos vosos sons!

Ouvinte: O día que o concerto de alumnos sexa perfeito, será o día en qué xa non sexamos alumnos, xa profesionáis da música.