Páxina web FESTIVAL SERRA DE QUEIXA 2006
23 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios Recomendados
Ola amigos,
estreamos páxina web do Festival Serra de Queixa, que se celebra en Chandrexa de Queixa, provincia de Ourense. A páxina inda está por terminar, pero xa se pode consultar como chegar, datas e grupos.
www.serradequeixa.com
O Festival deste ano, ademáis de grupos Folk, contará con outros estilos e grupos para tódolos gustos, dende o folk máis tradicional ata a música electrónica, a fusión e a música de baile. Todo de balde na incomparable Serra de Queixa, con zona de baño, acampada gratis, sen masificacións e coa mellor música do país.
15 de XULLO 2006 – SERRA DE QUEIXA.
Balakandra. Os Cuchufellos. Guezos. GalegoZ. Autómatas Beat.
Visita: www.serradequeixa.com
Comentarios
Que pasa, que naide sabe diste festi? Claro só falamos de Ortigueira, Moaña, Zas…………………..pois Ourense tamén ten os seus festivalciños, e temos que apoialos, asi que a ver se se enchufa algún carnocho nesta páxina e lle damos vidiña. Veña oh!! animaidevos. Aupa Ourense!!!!!! Aupa Queixa!!!!!!
Ainda tou esperando, que pasa que vou chejar alí, e non vai haber nin Deus? POis eu vou o mesmo eh!!?.
Por certo a ver quen se anima a faer un festi destes na capital (ou sexa nas aforas) que a cidade ista chea de kacikes, precisa algo así. Veña bikos e aburiñooooooooooooooo!!!!