jump to navigation

Concurso lingua de amor

26 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Trackback

linguadeamorO Consello da Xuventude de Galicia (CXG) puxo en marcha a terceira edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles, como son os correos electrónicos, foros ou chats.

O concurso está divido en dúas categorías: declaracións e cancións. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu

Os premios divídense do xeito seguinte:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):

  1. Un ordenador portátil
  2. Unha videoconsola PlayStation3
  3. Un Ipod

Categoría B (de 20 a 35 anos):

  1. Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas
  2. Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas
  3. Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Ademais, todas as persoas premiadas recibirán un lote de libros en galego

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega

1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

Comentarios

Comentarios fechados