jump to navigation

Festa da Reconquista

27 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

reconquista

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza a Festa da Reconquista da Vila de Vigo que vai ter lugar durante todo esta fin de semana (do 27 ao 29 de marzo).

Este ano, co gallo do Bicentenario e a coincidencia do sábado como día festivo, augúrase un grande número de visitantes á festa, e con tal motivo o programa é o mais completo dos realizados até agora na historia da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

A Festa comezará este venres 27 de marzo ás 22:30 cun concerto na Praza do Berbés, precisamente unha das novidades é a incorporación do espazo da Praza do Berbés como zona de concertos.

O mercado comezará o sábado ás 11 da mañá e pechará o domingo ás 22:00.

A inauguración oficial será o sábado ás 17:00 coa presentación dos protagonistas e persoeiros na praza da Constitución e pouco despois ás 18:00 comezará a representación da Reconquista, ollo, este ano faise o sábado xa que coincide co festivo.

Só anticipar tamén que o espazo de actividades da festa ampliase este ano á zona do Náutico, que haberá novos espazos como unha zona especial para actividades infantís, un novo espazo de actividades mariñeiras e que entre os distintos artesáns que mostrarán o seu labor (este ano duplicanse as mostras de oficios antiguos) por primeira vez estará a Escola de Canteiros de Poio e a Escola Obradoiro de Carpinteiros de Ribeira “Ria de Vigo”.

Os concertos serán:

O novo grupo do multifacético Xurxo Souto, creado para a festa e a diversión, con temas propios e versións de míticas pezas galegas que farán mover as pernas dos asistentes. Estarán acompañados polos “Homes sen medo” como sección de vento polo que o espectáculo festeiro está asegurado.

O prato forte da festa será con toda seguridade este concerto, pois se trata do concerto despedida do mítico grupo “Cantadeiras do Berbés”, este emotivo concerto será unha homenaxe a estas mulleres que levan anos percorrendo os escenarios e mostrando ao público as cancións que durante séculos foron incorporandose ao cancioneiro popular mariñeiro, especialmente da zona de Vigo. Nesta despedida dos escearios estarán  compañadas por amigos e amigas que compartiron con elas todos estes anos, así como o grupo Malvela,
outro grupo de mulleres que mantén a mesma tradición de recuperar as pezas tradicionais galegas de toda a vida. Sen dúbida un concerto que quedará para a historia.

Acabaremos a festa da Reconquista cun grupo festeiro para todos aqueles que queiran disfrutar da música tradicional galega e que como todos os anos queiran rematar a festa participando e bailando ao xeito tradicional.

Queremos lembrar tamén os horarios das exposicións abertas no Casco vello co gallo da Festa da Reconquista da Vila de vigo 2009:

Unha de fios“: na Sala de Exposicións do Instituto Camões (Praza de Almeida), até o 29 de marzo.
De luns a venres: de 18:00 a 21:00
Sábado e Domingo: de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00

Traxes com Historia“: na Casa Galega da Cultura, até o 19 de abril.
De luns a venres de 18:00 a 21:30
Sábado de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30
Domingo de 11:00 a 14:00

Comentarios

Comentarios fechados