jump to navigation

Pablo Seoane Cuarteto no ARTeria Jazz

12 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Trackback

O grupo liderado polo pianista actuará o 15 de abril en Santiago de Compostela no recinto do parque de Vista Alegre co concerto de Pablo Seoane Cuarteto. Os participantes en ARTeria Jazz ’09, organizado coa colaboración da Asociación Galega de Músicos de Jazz (AGAMUJAZZ) e a Fundación de Autor.

Pablo Seoane, pianista e guitarrista, é un dos referentes do novo jazz galego. Compositor do seu propio repertorio, Seoane ten colaborado con compañías de teatro e diversos artistas, levando a súa música tamén a Brasil e Arxentina; por outra banda, o seu labor docente levouno a impartir clases de música en diversas cidades galegas. Coa súa propia formación ten gravados dous discos, colaboracións á parte. No seu concerto dentro do ciclo ARTeria Jazz (15 de abril, 21:00 horas), Seoane chega, como pianista, liderando un cuarteto no que tamén están Toño Otero (saxo); Juan Cañada (contrabaixo); e Javier Barral (batería).
Os billetes para cada actuación custan 5 euros (4 euros con bonificación) e están á venda na web caixagalicia.es e na billeteira de ARTeria Noroeste.

Comentarios

Comentarios fechados