jump to navigation

Un desgraciado accidente provoca a morte a dous dos integrantes do grupo Felpeyu

25 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Novas
Trackback

Onte as 8.30 circulando por Zuya (Alava) a furgoneta do grupo, na que viaxaban o resto dos compoñentes, salíase da calzada, volcando causando a morte casequé instantánea a dous dos músicos, eles eran Carlos Redondo ( voz e guitarra), e Igor Medio (bouzouki e voz).

Unha nova un pouco dura para os músicos xa que algún de nós coñecía a estos, xa finados compañeiros, e cos que nos sentimos identificados simplemente porque todos andamos no mesmo camiño e sería moi fácil pra nós correr a mesma sorte ca os amigos de Felpeyu. Asi que dende aquí falo en nome da aCMTF unha aperta moi forte ás súas familias pra estes momentos de dor.

E aínda que noticia, espero que estes sucesos nos vallan pra ir con moito tino polas estradas, polo noso ben, polo dos demáis… ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡e pola música!!!!!!!!!!!.

Un saúdo.

+info detallada: http://elmundo.es/elmundo/2006/06/24/espana/1151151741.html

Comentarios

1. Cástor, Félix e Soco (Ourense) - 26 de Xuño, 2006

Unha mágoa inmensa e un oco irremplazable nos corazóns dos que fomos e somos seus amigos, e por suposto tamén para a música.

Son un grupo con moitísimos fans que os queren eiquí en Galicia, e que sempre demostrou moito cariño polo noso.

Unha rectificación: Carlos Redondo (voz e guitarra), Igor Medio (voz e bouzouki).

2. José Ramom Pichel - 26 de Xuño, 2006

Ontem a mim tocou-me ver a triste notícia com um amigo que sem saber eu era companheiro de aulas de belas artes em salamanca do Igor Medio. Desde a Galiza um imenso abraço para as famílias e amigos e também que se recuperem os feridos entre eles o magnífico acordeonista Nel Expósito.
Um abraço muito forte
Suso Sanmartim
José Ramom Pichel