jump to navigation

Espazos Sonoros

15 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

espazos sonoros

Espazos Sonoros comeza a súa segunda edición este mércores coa presentación do Festival no Hospital dos RR.CC. e un concerto de Tasto Solo.

Espazos Sonoros é un programa de música que sintetiza a posta en valor do patrimonio histórico e do potencial artístico e creador do país mediante a programación de concertos en espazos de interese cultural, que xa se impuxo, na súa primeira edición en 2008, coma un proxecto de forte personalidade dentro do conxunto dos festivais de música.

Na edición 09, Espazos Sonoros transfórmase nun festival de músicas en espazos de interese cultural. Os piares básicos da programación seguen a ser a música para órgano, a música vocal, antiga e de cámara, que propician ao tempo o cruzamento e a síntese con outros estilos sonoros coma a música contemporánea, o jazz ou a canción de autor, forzando con iso experiencias e facendo que as persoas se acheguen á música e ás súas variantes con programacións que propoñan discursos abertos a varios estilos.

Estes son os artistas do programa:

>> 2uS (Dous)…
>> Abe Rábade Trío…
>> Aleksander Kolkowski…
>> Amandine Beyer e Martina Schobersberger…
>> Animales Domésticos…
>> Austrian Baroque Company…
>> Camerata Vivace e Marisol Mendive…
>> Coro Campus Stellae e Os Menestreis de 1500…
>> Cuarteto Ephimere…
>> Desidério…
>> Emilio Cao…
>> Ensemble Galante…
>> Ensemble Iulius XIII…
>> Ensemble Kapsberger…
>> Escoitar Danza…
>> Galicia XXI…
>> Grupo de música antiga Meendinho…
>> Isga Collective…
>> Jazzica…
>> Jean-Luc Guionnet e Seijiro Murayama…
>> Jozef van Wissem…
>> Le Petit Cirque…
>> Le trio Joubran…
>> Lonely Drifter Karen…
>> Los Cuatro Elementos…
>> Madame Cell…
>> Mateo Arnáiz…
>> Moscow Art Trio…
>> Nicasio Gradaille…
>> Orquestra Omega…
>> Os Fonocontos…
>> Pierre Bastien…
>> Rolf Lislevand…
>> Tasto Solo…
>> Terela Gradín & Manuel Gutiérrez…
>> U-lo Trío…

E estes os espazos

>> Forte de San Lourenzo de Goián, Tomiño …///
>> Illa de San Simón …///
>> Museo do Mar, Vigo …///
>> Igrexa de San Bieito de Fefiñáns, Cambados (Pontevedra) …///
>> Novo edificio do Museo de Pontevedra …///
>> Catedral de Santa María de Tui …///
>> Igrexa da Madalena, Ribadavia …///
>> Casa Riocigüeño, O Barco de Valdeorras …///
>> Santa María a Real de Xunqueira de Ambía …///
>> Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, Xinzo de Limia …///
>> Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense …///
>> Igrexa de San Salvador de Celanova …///
>> Aeródromo de Rozas …///
>> Museo Provincial de Lugo …///
>> Pazo de San Marcos, sede da Deputación Provincial de Lugo …///
>> Museo Histórico de Sargadelos, Cervo …///
>> Igrexa de Sta. Mª da Régoa, Monforte de Lemos …///
>> Igrexa do Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares, Guntín …///
>> Igrexa de Santa María a Nova de Noia …///
>> Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela …///
>> Museo de Belas Artes da Coruña …///
>> Museo Galego de Arte Contemporánea ‘Carlos Maside’, Sada…///
>> Casa Núñez, sede da Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea), Betanzos…///
>> Domus, Casa do Home, A Coruña e Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae, A Coruña…///
>> Santa María a Maior de Iria Flavia …///
>> Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela …///

aCentral Folque colabora neste festival formando parte dun obradoiro singular:  gravacións fonográficas en cilindros de cera con Aleksander Kolkowski onde alumnos e profesor do centro gravarán neste pioneiro modo da captación sonora en formato físico.

Comentarios

Comentarios fechados