jump to navigation

Novidade bibliográfica: Grandes éxitos

4 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,Novas
Trackback

grandesexitosp.jpg Ellago Ediciones presenta o ensaio do musicólogo e filósofo Peter Szendy, autor que xa viu publicado tamén en castelán o seu anterior libro “Escucha: una historia del oído melómano” (Paidós) e que, nesta ocasión nos propón unha relectura dos clásicos da filosofía da man de grandes éxitos musicais das últimas décadas.

En Grande éxitos, Szendy invita a pensar os grandes éxitos musicais, elevando estes objetos froito do capitalismo feroz á dignidade de obxectos filosóficos. Con esta obra, que Ellago Ediciones ofrece agora en castelán, o autor logrou en Francia unha unánime aceptación entre todos os lectors interesados na relación entre a música e a sociedade actual.

Peter Szendy (1966) é filósofo e musicólogo, así como profesor da Universidade de París X (Nanterre) e asesor de Cité de la musique. Dos títulos que ten publicados os máis representativos son Escucha: una historia del oído melómano (Ed. Paidóa, 2003) e Sur ècoute. Esthetique de l’espionnage (2007).

Pódese descargar gratuitamente un avance desta obra visitando a páxina web ellagoediciones.com

Comentarios

Comentarios fechados