jump to navigation

Agustín Lourenzo, gaiteiro de Catoira

4 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,Novas
Trackback

agsutinEdicións do Cumio presenta un novo volume da colección multimedia. Nesa ocasión trátase da obra dedidaca ao gaiteiro Agustín Lorenzo Loroño, fundador do grupo Brisas do Río Ulla. Agustín foi, ademais, impulsor de formacións históricas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre e Milladoiro.
A obra, froito da investigación e rigoroso traballo de Xosé Ameneiro Piña, elabora unha exhaustiva historia do grupo e recolle fotografías e partituras, así como unha guía de audición. A edición complétase con material en video recollido nun DVD. Tamén se poderá atopar nas tendas en poucas semanas un disco con gravación do grupo Brisas do Río Ulla, que formará parte da colección musical ‘Os Nosos Gaiteiros’.

Este título dedicado ao Gaiteiro de Catoria vén afondar na serie de traballos sobre grupos de música tradicional das Rías Baixas e que en breve se completará coa edición dun volume dedicado aos Morenos de Lavadores.

www.cumio.com

Comentarios

Comentarios fechados