XIII Festa da Marosa en Burela
14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Escea,NovasTrackback
A XIII edición da Festa da Marosa desembarca un ano máis en Burela cargada de actividades para festexar a semana das letras. O venres 15 e o sábado 16 de maio a Mariña converterase na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía.
O venres 15 levarase a cabo a estrea da Marcha da Marosa, peza composta por Edelmiro Fernández para comezar as actividades do festival, que será tocada polo autor e os que se presten a tocala con el ao por do sol na Praia da Marosa.
- Descarga a partitura en Do: MArosa-C
- Descarga a partitura en Re: Marosa-D
- Descarga a Marcha en formato midi: Marosa-Midi
Ademais, durante os dous días que dura a Festa da Marosa, todos os que se acheguen ata Burela na primeira “Foliada do Norte” con Luar na Lubre, Festicultores, GalegoZ, Clan Maragato, Tiruleque, Banda das Crechas e Foula.
Podedes consultar o programa extendido aquí.
PROGRAMA
VENRES 15 DE MAIO
- 18.00h. OBRADOIRO AUDIOVISUAL: CANTA CLARO Praza de Abastos. Un grupo de traballo recollerá entrevistas e recursos sobre a Hª do festival durante todo este tempo. ‘Canta claro’ pretende ser o comezo dun traballo documental que se realizará ao longo do verán.
- 20.00h. MÚSICA AO POR DO SOL Praia da Marosa. Estrea da peza composta por Edelmiro Fernández para comezar as actividades do festival. Esta peza pretende ser un referente para vindeiras edicións, nas que a intención é seguir compoñendo temas para compartir entre os artistas que se presten a tocala ese día ao por do sol neste paraxe natural.
- 21.30h. TEATRO. Casa da cultura. A Obra: No Comment de Producións Excéntricas será a encargada este ano de dar vida ao teatro dentro do festival.
- 23.00h FOLIADA DO NORTE: ABERTA ATE O MENCER. Carpa-Praza da Mariña. A primeira Foliada do Norte trae a Burela a urdime máis profunda coa nosa cultura musical. Os encargados de abrir a foliada son:
- FOULA,
- A BANDA DAS CRECHAS
- TIRULEQUE
- 12.00h CASTELOS NO AIRE Praza da Mariña. Para os máis pequechos da festa.
- 13.00h SESIÓN VERMÚ: OS FESTICULTORES Praza da Mariña. Estes cultivadores de festas percorrerán e animarán as rúas da vila, e dirixiranse á Praza da Mariña para comezar a festa xa pola mañá cedo.
- 14.30h. GASTRONOMÍA: XANTAR DE CUADRILLAS Praza de Abastos. Este ano a sección gastronómica decántase por render homenaxe ao cocido pataqueiro. No verán o bonito e no inverno o cocido. Pois para este mes das letras a Peña Palestina elaborará cincocentas racións para degustar esta especialidade tan do país.
- 17.00h. SEICA BÁILA-LO SUELTO Exteriores da Casa de Cultura. Chus da Bandeira será a encargada por segundo ano consecutivo de achegar aos máis pequenos ao baile tradicional do mellor xeito posíbel, brincando. Despois da experiencia do ano pasado, decidimos repetir para fomentar o baile nas novas xeracións festeiras.
- 22.30h. FESTIVAL Carpa-Praza da Mariña.
- CLAN MARAGATO
- LUAR NA LUBRE
- GALEGOZ
Este ano por vez primeira o festival diversifica os seus escenarios. A praia da Marosa, a praza da Mariña e a Casa da Cultura son os espazos escénicos elixidos para esta nova edición de “Goza co saber dos povos”. Un novo xeito de renovar e dar continuidade a un festival que segue a medrar e dinamizar a vida cultural da vila, achegando este tipo de eventos á Mariña coa fin de unificar xeracións mediante o encanto da música.
Un ano máis a Festa da Marosa busca transmitir un fondo compromiso de amor á terra e de relación entre culturas, comprometéndose co seu público xa fiel e atraendo cada vez a máis persoas coa súa variada oferta cultural de calidade.
Comentarios
Comentarios fechados