jump to navigation

Entre a música e a palabra

14 de Maio 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Novas
Trackback

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CELEBRA O II CERTAME DAS LETRAS GALEGAS “ENTRE A MÚSICA E A PALABRA”, DEDICADO ESTE ANO A RAMÓN PIÑEIRO

Este venres 15 de maio ás 20:00 celebrase no Pazo provincial o II Certame das Letras Galegas “Entre a música e a palabra”, dedicado este ano ó escritor Ramón Piñeiro. Por segundo ano consecutivo a Deputación de Pontevedra prepara un acto de exaltación da lingua galega cunha festa entre a música e a palabra.

cartel pequeno2.jpg

Ramón Piñeiro López nace en Láncara (Lugo) en 1915, morre en Santiago de Compostela en 1990. Intelectual e político español que desenvolveu a súa actividade en Galicia. Trátase dunha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX. Foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial.

O acto comezará coa actuación do “Quinteto Divertimento”, seguido das lecturas feitas polos alumnos do IES Valle-Inclán de Pontevedra de varios fragmentos e poemas de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro.

Serán un total de tres lecturas feitas polos alumnos do instituto. Comezan co poema de Rosalía de Castro “Campanas de Bastabales”, despois un fragmento do libro “Filosofía da saudade”, de Ramón Piñeiro, e remata coa lectura do poema “Hai unha illa loubada” de Álvaro Cunqueiro. Asemade, entre cada unha das lecturas haberá actuacións musicais e rematará o acto coa peza “Rías Baixas” (tradicional).

A parte musical componse de; música clásica, a cargo do “Quinteto Divertimento”,  formado por músicos profesionais que desenvolven o seu traballo no ámbito bandístico e docente; esta agrupación musical interpretará o seguinte repertorio:

-“Negra sombra” (Juan Montes)

-“Divertimento nº 8” (Mozart)

-“Two Joplin Rags” (Scott Joplin)

Por outra banda, a música folk estará representada por Oscar Ibáñez. Gusta definir a súa música como de “raíz atlántica” ou de ida e volta entre Europa e América seguindo os fluxos e refluxos da emigración. Músicos procedentes do jazz, clásica e tradicional forman a banda. Interpretarán as seguintes pezas:

-“Muiñeira do Marreco” (Tradicional)

-“Bicho Carpinteiro” ( A. Reale)

-“Irish Session” (Tradicional)

-“Rías Baixas” (Tradicional)

Comentarios

Comentarios fechados