jump to navigation

Presentación das gravacións históricas dos Hermanos Moreira e un concerto de Marful

14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Novas,Novidades discográficas
Trackback

faldon_Moreiras_cor.jpg
Na presentación estarán Ramón Pinheiro Almuinha, profesor de Historia da Música en aCentral Folque e responsábel do deseño da colección e Xosé Manuel Varela, responsábel da Fundación Eduardo Pondal, organizadora do evento. O acto pecharase cun concerto de Marful.

Será na Casa dos Veciños, no Couto, Ponteceso ás 22 h este venres 15 de maio.

Son gravacións feitas nos anos 50 e 60 en Arxentina por estes irmáns que emigraron desde o seu Bergantiños natal e foron animadores en festas, romerías, programas de radio.

O traballo está editado por Ouvirmos coa colaboración co concello de Ponteceso e aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular.

“Acordeón Mariñeiro” dos Hermanos Moreira, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón. Este libro-disco recompila a integral das súas gravacións comerciais e un importante conxunto de pezas inéditas.

Os Hermanos Moreira, orixinarios de Ponteceso, chegaron nos anos 20 á Arxentina. Alí en Bos Aires ensaiaban na barbaría que abriu un dos irmáns, e no seu soto montaron un estudo de gravación. A comezos dos anos 30 forman a primeira formación coa que axiña acadaron sona e fixeron bailar polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños até finais dos anos 60, cando o grupo se disolveu.

Algunhas das pezas máis populares do seu repertorio eran “Recordando a Galicia” (valse) e “Aires de Bergantiños” (pasodobre), así como o valse arxentino de corte hispano “Así cantaba mi madre”. Gustaban moito tamén as rancheiras, como “Cancha a la rueda”, e a súa rumba “El loco de la batería”.

Comentarios

Comentarios fechados