jump to navigation

Cristina Pato, Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble

18 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

pato

Cristina Pato actuará con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble nos actos do 50ª aniversario do Lincoln Center.
A gaiteira galega Cristina Pato colabora con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble nos actos do 50ª aniversario do Lincoln Center de Nova York. O concerto, que se celebra o 9 de Xuño no Guggenheim Bandshell do Lincoln Center, retransmítese en directo pola PBS (a televisión pública estadounidense) no seu programa especial Live From Lincoln Center Series. O concerto inclúe obras de compositores do Líbano, India, China, Irán, Acerbaixán e Arxentina; deste país é Osvaldo Golijov, o compositor que escribiu a obra que interpretará Cristina Pato: ‘From Air to Air’, obra estreada pola gaiteira e o Silk Road Ensemble no Carnegie Hall en setembro de 2006.

A gaiteira, membro oficial do Silk Road Ensemble, colaborou con esta formación en escenarios como Chicago Symphony Hall, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Carnegie Hall ou o Harman Center de Washington DC. Cristina tamén aparece como artista convidada no último disco de Yo yo Ma.

Cristina Pato, que na actualidade atópase en Nova York preparando e gravando o seu cuarto disco como gaiteira, ten previsto realizar a gravación do proxecto SOAS (Rosa Cedrón-voz e cello, Cristina Pato-piano) nos próximos meses, ademais dunha apertada xira estival que comeza no Lincoln Center e que a levará a España (Andalucía, País Vasco, Galicia), Portugal e Francia.

Cristina reside en Nova York desde o ano 2004, ano no que decidiu frear temporalmente a súa carreira profesional para centrarse na súa carreira académica e realizar o seu doutoramento co apoio da Fundación Barrié da Maza. Cristina é Doutora of Musical Arts pola Rutgers University e profesora adxunta da NJCU (New Xersei City University).

Comentarios

Comentarios fechados