X Encontros de música tradicional en Carboeiro
25 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Novas
Programa da X edición. 6 de xuño no mosteiro de Carboeiro, á beira do río Deza no concello de Silleda.
13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN dA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de Viravolta)
-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
- ·BRINQUEDOS DE SEMPRE
- ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
- MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ)
- FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO)
- TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ)
- JULIO BALADO (LALÍN)
- LUIS PREGO (VIGO)
- MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
·ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO
Comisión pola memoria Siñor Afranio e asoc. socio-cultural Adellís
–FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres…
15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)
DURANTE A TARDE:
- ·XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
- ·BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín
- · Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa coa obra “A AVOA VAI Ó BAILE”
Haberá zona de acampada, máis info: +34 658 62 82 39
Comentarios
Ola!
quería info sobre este evento?
é unha foliada? van actuar grupos de musica tradicional??
a que hora dará comezo??
grazas
Os Encontros son un festival dun día xa consolidado e de referencia en toda GAliza na música tradicional e folque en xeral no entorno natural do mosteiro de Carboeiro, hai actividades de todo tipo. É unha grande foliada pero ademais outras cousas que fan do Encontro un lugar especial e que se tes oportunidade non deberías perder.
Hai actividade desde mañán até a noite, a foliada mantense viva até “que o corpo aghuante”