jump to navigation

Convocatoria de residencia artística para o proxecto “Democracia”

26 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

A democracia é un proxecto teatral de Pablo Fidalgo e Estefanía García. Conta co apoio de diversas institucións culturais entre elas o Centro Drámatico Galego. Este apoio permítenos traballar durante durante todo o mes de xuño e os tres primeiros días de xullo nas naves do AGADIC de Santiago de Compostela.

Esta convocatoria ten como obxectivo crear un grupo de xente interesada nas artes escénicas, para colaborar con nos durante ese mes, e amosar o traballo nos días finais da residencia.

O traballo que plantexamos busca desenvolver a presenza natural de cada persoa sobre a escena con especial interés nos grupos folque de música ou danza pensando que poden ter xa certa conciencia da escena e do traballo en grupo, e enfrontar tradición e modernidade dun xeito limpo, partindo desa frase de Eliot que di que “todo o verdadeiramente novo é inmeditamente tradicional”.

A nosa búsqueda é traer ao espacio teatral o máis puro da vida e xerar encontros inesperados entre xentes diversas. Para isto traballamos accións básicas, como presentarnos, gritar, tocarnos, bailar, ou simplemente falar e moverse na escena. Chegar a comprender a profundidade e a poética dos actos cotiáns máis sinxelos sírvenos como punto de partida para este encontro que é celebración, que é outro xeito de relacionarse, de facer as cousas. Pensamos que xa basta de personaxes e de historias, son as persoas as que deben ocupar a escena e falar como persoas.

A invitación é esta: ocupar xuntos o escenario e ver qué pasa.  Estar de xuntos de novo.
Datas e horario:

Lugar:

Contacto:

Comentarios

Comentarios fechados