jump to navigation

Cidades imaxinarias, espectáculo de arte total da Aula Folque Infantil de Pontevedra

29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: AFi,Novas
Trackback
cidades imaxinarias

Este sábado 30 de maio ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra os nenos e nenas da AFI actuarán co seu último espectáculo Cidades imaxinarias, obra que mistura música, teatro e novas tecnoloxías nunha viaxe por espazos cotiáns e cunha reflexión irónica sobre o ser humano.

O Laboratorio de Sons e a Compañía Infantil AFI chegan así á súa terceira grande produción logo de termos amosado unha grande calidade conceptual e executiva co Circus AFI (2007) e Morfasóns (2008) nunha cita anual que se renova cada edición.

Cidades imaxinarias é o título dun espectáculo que mistura danza, teatro, música, video-creación, canto e improvisación libre. Está escrito e interpretado por rapaces entre 6 e 13 anos, protagonistas absolutos da obra na que os mestres da AFI simplemente os guiaron e coordinaron no proceso creativo.

A obra plantexa unha viaxe por diferentes espazos: un peirao, unha praia, unha grande urbe, un mercado,… desenvolvida en distintas artes escénicas para representar valores colectivos universais, “o resultado desta viaxe é que ao final todos somos iguais e estamos xuntos no mundo” afirma Marcelo González, coordinador do proxecto.
 
Cidades Imaxinarias
é o resultado do traballo do curso que os máis pequenos desenvolven no Laboratorio de Sons, unha actividade que ten lugar todos os sábados dentro do programa docente da Aula Folque Infantil da AFI no edificio do Antigo Conservatorio de Música.

O Laboratorio de Sons é un espazo aberto centrado na composición colectiva dos rapaces e no deseño conxunto entre profesores e alumnado do espectáculo anual e na gravación e edición dun CD con música composta ao longo do curso.

A AFI (Aula Folque Infantil) e un proxecto de escola experimental asociado ao Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.

Profesores

Ignacio Muñoz – dirección musical: creación sonora, improvisación, gravación…

Dirección e coordinación:

Intérpretes e creadores

Comentarios

1. yolanda e juan - 3 de Xuño, 2009

Queremos felicitar a todo o persoal da AFI polo maravilloso resultado do festival cidades imaxinarias de Pontevedra do que os pais quedamos encantados. A todos\as moitas gracias polo traballo que realizades cos nenos\as e os coñecementos que lles transmitides. Esperemos que as institucións sigan apoiando proxectos tan enriquecedores coma este que vos levades a cabo. Sin mais unha aperta, a todos gracias e ata o vindeiro curso.